BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 27 de octubre de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS 2025

O 24 de outubro (Día das Bibliotecas Escolares) os nosos voluntarios fixeron entrega das mochilas viaxeiras. Os libros que as conforman foros escollidas polo propio alumnado de cada clase.

Agora en cada casa a desfrutar moito con estas lecturas.



jueves, 23 de octubre de 2025

ACHÉGASE O SAMAÍN

Estas datas son agardadas por todos os nenos e nenas pola maxia destes días, polos disfraces, as historias de medo… Para inspirarvos nas vosas creacións ou levar algún susto, tedes preparado o recanto temático da nosa biblioteca.





lunes, 13 de octubre de 2025

ACTIVIDADE DE MOTIVACIÓN

 O venres 10 de outubro realizamos a actividade de motivación do PDI deste ano: a continuación de “Mouchiños e mouchiñas polo mundo”. Tivemos unha sesión de cine coa película “A volta ao mundo en 80 días”. Para os cativos do cole seleccionouse a versión de Willy Fog e, para os maiores, a película de 2004 protagonizada por Jackie Chan.




lunes, 6 de octubre de 2025

MOUCHÁN SAE AO PATIO

O venres 3 de outubro, Mouchán saiu ao patio para pasar unha hora de ler diferente cos libros seleccionados para nós. Deste êxito quedou inaugurada a biblioteca a partires deste día.

Agora xa podemos realizar os empréstitos, desfrutar dos xogos de mesa no recreo…



jueves, 19 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Chega o final de curso, o verán e, polo tanto, as vacacións nas que imos ter moito tempo para desfrutar do noso tempo de lecer. Ir á praia, á piscina, facer deporte, dar paseos pola natureza… son actividades que nos encantará facer.

Como sei que tamén teredes moitas ganas de ler, recoméndovos uns libros para vós e as vosas familias.

Consultádeos aquí.

Agardo que pasedes unhas moi boas vacacións.

Un saudiño, 

Mouchán


sábado, 17 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Coma sempre que se achega o 17 de maio, a nosa biblioteca fai unha selección de homenaxeados para o recanto.

Este ano, o Día das Letras Galegas adícase ás "Cantareiras-Poesía popular", polo que desfrutamos do concerto didáctico que nos ofreceu o Grupo Xironsa.



Desde as aulas recompiláronse cantigas tradicionais e colocáronse nun xigantesco mural na entrada do colexio. O traballo en colaboración coas familias foi fermoso e destaou a cantidade e variedade.

cantigas a esgalla 

 Ademais, todo o centro interpretou un popurrí coas cantigas "A saia da Carolina", "Eu teño un canciño" e Amoriños collín" e unha danza coa peza "Lévame, lévame".



viernes, 9 de mayo de 2025

I PREMIOS JOSÉ HERMIDA DE RADIO ESCOLAR: 1º premio para RADIOCHANS!

O CEIP Plurilingüe San Bartolomé vén de gañar o 1º premio na gala celebrada hoxe en Pontevedra. 

O noso informativo foi galardoado pola boa montaxe do podcast, o ritmo de locución axeitado, a variada participación, a inclusión dunha completa variedade de formatos radiofónicos e polo impacto no seu comezo e no seu remate.

As voces que escoitades pertencen ao alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria.

Audio completo do programa.

Gala completa de entrega de premios.




viernes, 25 de abril de 2025

PREMIOS JOSÉ HERMIDA DE RADIO ESCOLAR

O CEIP Plurilingüe San Bartolomé figura como finalista dos I Premios José Hermida de Radio Escolar. O vindeiro 9 de maio terá lugar a gala na que se desvelarán os podcasts aos que se lles outorga o galardón.

O podcast gravado no noso laboratorio de Radiochans é un informativo que fai un repaso polas actividades máis relevantes do primeiro trimestre deste curso contado polos seus protagonistas: os rapaces e rapazas do noso centro.

Podes escoitalo no seguinte enlace da plataforma ivoox.






jueves, 24 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

Este ano, celebramos este 23 de abril, o Día do Libro, cun encontro coa autora Thalía Troitiño González. A nosa profe Thalía presentounos "O poder máxico do sorriso". 

Ela explicounos como xurdiu, fixemos unha lectura colectiva e puidemos preguntarlle algunhas dúbidas e curiosidades sobre a súa obra e sobre a experiencia de crear e publicar un libro.



lunes, 24 de febrero de 2025

RECANTO DE ENTROIDO

Chegan uns días agardados con cariño polos nenos e nenas.

Seguro que tedes preparados os vosos disfraces pero... que tal uns libros sobre manualidades para os derradeiros retoques, divertidas historias ou tradicións destas festas?

Mirade o vídeo que prepararon Pepe, David e Dana! Estes libros e algún máis podedes atopalos no noso recanto.





jueves, 30 de enero de 2025

RECANTO DA PAZ

Visita o noso recanto para ver estes fermosos libros para

 cultivar a paz todos os días do ano. Hoxe, 30 de xaneiro celebamos a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz.



miércoles, 18 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2024

Ola mouchiños e mouchiñas.

Deséxovos que pasedes unhas moi bonitas e felices festas. Pasádeo xenial, desfrutade... pero non vos esquezades de ler todos os días un pouco!

Hoxe póñovos aquí unhas recomendacións lectoras para estas vacacións.

Preme na imaxe e descubre máis sobre cada libro. Ollo! A presentación está moi animada con música para ambientar as festas.

Vémonos á volta!

Unha apertiña, 

Mouchán



miércoles, 13 de noviembre de 2024

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA EN VILANOVA DE AROUSA

O alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu a unha formación de banda deseñada coa ilustradora da obra "Aldara" chamada Inés Vázquez. Ademais de aprender, tiveron o seu rato creativo para poñelo en práctica e facer os seus propios deseños.

Pasamos un fantástico e terrorífico día de Samaín. Houbo cabazas, disfraces, túnel do terror, familias valentes dispostas a pasar medo, diplomas, pemios aos relatos de medo...

Aquí podedes ver un vídeo con algúns momentos.



relatos de samaín de Almudena

viernes, 8 de noviembre de 2024

A AULA DOS GATIÑOS EN RADIOCHANS

 Os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil (os nosos gatiños do cole) están en Radiochans. Con eles, neste programa aprenderemos a canción dos días da semana.

Preme no seguinte enlace para escoitalos.

https://go.ivoox.com/sq/2484852

lunes, 4 de noviembre de 2024

TÍTERES CACHIRULO

O pasado 29 de outubro tivemos unha actividade moi especial no cole. A compañía Títeres Cachirulo visitounos e puidemos ver un dos seus espectáculos con fermosos decorados e unha morea de animais.

Moitas grazas por facernos pasar un rato tan agradable.







lunes, 28 de octubre de 2024

Presentación PDI 2024-2025

Logo de dous cursos estudando as marabillas da nosa ría, toca cambiar de proxecto.

O novo PDI leva por título “Mouchiños e mouchiñas polo mundo”. Este ano quedaremos no noso continente para, no vindeiro, estudar os demáis.

Como actividade de motivación, o alumnado de educación infantil e 1º participamos nun almorzo no noso “restaurante” con pratos típicos de diferentes países europeos e tivemos dúas actividades de contacontos en inglés (con Lucas, o auxiliar de conversa) e portugués (coa mamá da nosa compañeira Sara).

Por outra banda, de 2º a 6º visitamos o aeroporto “Rosalía De Castro” de Santiago de Compostela como lugar de saída e chegada de personas de diferentes países. Coñecimos as diferentes partes, os pasos a seguir antes e despois de facer uso deste medio de transporte e como se supervisa todo desde a torre de control.

Foron todas actividades moi fermosas que nos cargaron de enerxía para poñernos mans á obra co novo proxecto.



viernes, 25 de octubre de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

O 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, as mochilas viaxeiras comezaron a circular polas diferentes aulas. Os axudantes da biblioteca foros os encargados de pasar por cada unha e facer a entrega.
Este ano o propio alumnado decidiu o contido da súa mochila viaxeira.
Agardamos que desfrutedes un montón con elas!



miércoles, 23 de octubre de 2024

RECANTO SAMAÍN

A nosa biblioteca xa ten recanto de samaín cheo de libros terroríficos que podedes coller para pasar mooooooooooiiitttoooo medo!