BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas recomendadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas recomendadas. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de junio de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Ola mouchiños e mouchiñas!!

Estamos a piques de rematar o curso e comezaredes as vosas vacacións. Recordade que, entre os vosos plans, debe estar ler cada día.

Déixovos unhas recomendacións lectoras para cada un dos cursos e para as vosas familias.

Preme aquí ou na imaxe.

Bo verán!



martes, 9 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2025

As vacacións están a piques de comezar e seguramente estaredes escribindo as vosas cartas ao Pai Noel e aos Reis Magos. Neste tempo de lecer no que poderedes facer un montón de actividades, unha fantástica sabedes que é a lectura.

Déixovos unhas recomedacións lectoras para todas as idades do cole e para as familias.

Premede na seguinte imaxe e, despois, movédevos nesa revista virtual coas frechas que aparecen por abaixo á dereita e á esquerda para avanzar e retroceder.

Un saudiño,

Mouchán




miércoles, 18 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2024

Ola mouchiños e mouchiñas.

Deséxovos que pasedes unhas moi bonitas e felices festas. Pasádeo xenial, desfrutade... pero non vos esquezades de ler todos os días un pouco!

Hoxe póñovos aquí unhas recomendacións lectoras para estas vacacións.

Preme na imaxe e descubre máis sobre cada libro. Ollo! A presentación está moi animada con música para ambientar as festas.

Vémonos á volta!

Unha apertiña, 

Mouchán



lunes, 17 de junio de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Ola mouchiños e mouchiñas.

Quedan poucos días para rematar outro curso. Chega o verán e as vosas desexadas vacacións.

Agardo que desfrutedes moitísimo para volver a vernos en setembro coas pilas ben cargadas.

Recoméndovos que xoguedes, paseedes, montedes en bicicleta, bailedes nas festas, vaiades á praia ou á piscina... pero tamén que saquedes un anaco de tempo cada día para ler.

Aquí vos deixo as miñas recomendacións! 

Facede clic na imaxe para que se vos abra unha presentación. Logo premede en cada libro para saber máis del e empregade as frechas vermellas para voltar, sempre que o desexedes, ao índice.

Bo verán!

Un saudiño, 

Muchán



domingo, 17 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓN LECTORAS DE NADAL 2023

Xa están aquí as recomendacións lectoras para este Nadal 2023. Aínda estades a tempo de incluilas nas vosas cartas de Papá Noel e Reis Magos.

Agardo que vos gusten.

Un saudiño e Bo Nadal!

Mouchán



jueves, 15 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

Ola mouchiños e mouchiñas!

Sabedes que Mouchán recomenda ler todos os días. O verán é moi longo e hai tempo para todo: para ir á praia, para xogar, visitar familiares e amigos, ler...

Se non se che ocorre cal pode ser a túa próxima lectura, a continuación tes algunhas ideas para todas as idades.

Só fai clic na seguinte imaxe e logo preme no simboliño que está a carón de cada libro. Diferentes nenos e nenas do cole explicaranvos de que tratan.

Bo verán!

Un saudiño, 

Mouchán



miércoles, 21 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

Ola nenos, nenas, familias...!!!

Este trimestre está chegando á súa fin e xa estamos máis preto das agardadas festas do Nadal.

Nesta época, teremos tempo para desfrutar moito máis: xogando, pintando, bailando, cantando... e, por suposto, una das mellores formas de pasalo ben é cun libro nas nosas mans co que aprender, rir, viaxar, imaxinar...

No seguinte vídeo vos deixo unhas recomendacións lectoras por se queredes sacar algunha ideíña para ler ou para engadir ás vosas cartas de desexos para o Nadal.

Agardo que pasedes unhas moi felices festas!

Vémonos á volta con máis lecturas e máis xogos!

Un saudiño, 

Mouchán



viernes, 17 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Ola nenos e nenas:

O curso xa está rematando. Comeza o verán e, con el, máis tempo de lecer que debemos ocupar de forma axeitada: xogando, indo á praia ou piscina, paseando á vez que respectamos a natureza... e, por suposto, acompañados de libros que nos fagan rir, pasar medo, imaxinar... divertirnos!!!

Se premes neste gatiño tan simpático, verás as recomendacións lectoras para este verán 2022. Preme en cada libro para saber algo máis sobre cada un e escoller os que máis che gusten.

Bo verán.

Un saudiño,

Mouchán



viernes, 29 de abril de 2022

RECANTO DE PRIMAVERA

Cantos libriños de primavera hai no noso recanto! Para todas as idades e de temáticas variadas: natureza, música, manualidades, xogos e deportes...



jueves, 16 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021

 Preme na seguinte imaxe para ver todas as recomendacións e logo poderás consultar a información de cada libro individualmente.




jueves, 16 de septiembre de 2021

3, 2, 1... COMEZAMOS

Ola mouchiños e mouchiñas!
Quero darvos a BENVIDA AO CURSO 2021-2022. 
Espero que estes días tivérades un moi bo comezo cos vosos compis, co profesorado, atopándovos de novo cos amigos e facendo novas amizades.


Dentro de pouco poreime en contacto convosco para darvos máis detalles sobre a apertura da biblioteca. De momento, ide recordando todo o que sabiamos do curso anterior: emprego do xel, ocupar os postos dispoñibles para manter a distancia, o lugar onde deixar as vosas devolucións... Moitas cousas seguen como o ano pasado porque xa sabedes que ainda temos que andar con moita precaución para previr contaxios. Porén, xa vos adianto que haberá algunha novidade.
Tamén, estade ben atentos porque xa vos presentarei o proxecto deste curso.

Polo momento, mentres non nos vemos comparto un agasallo que me fixeron os nenos e nenas que agora comezan 6º de Educacón Primaria.
Cóntovos o que pasou. A finais do curso pasado, na materia de educación musical fixeron unha montaxe do conto "O frautista de Hamelin" (que teño na biblioteca) gravándoo coas súas voces e incorporando música e son. Dixéronme que moito tiveron que andar coa tablet e co ordenador para facelo.
Espero que vos guste.



lunes, 21 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Ola mouchiños e mouchiñas!

Aquí vos deixo uns libros que penso que vos poden gustar para ler este verán.

Sexan estes ou outros, recoméndovos ler moito para pasar uns ratos divertidos entre chapuzón e chapuzón.

Ao premer na seguinte imaxe poderás ver unhas estreliñas azuis en movemento. Fai clic en cada unha delas para saber de que vai cada conto.

Bo verán!

Apertiñas, 

Mouchán





viernes, 19 de febrero de 2021

BREIXO e SAÚL presentan...

Nesta ocasión temos a Breixo e a Saúl de 3º falando duns libros que temos na biblioteca para que os coñezades e vos animedes a lelos.

Graciñas polas vosas recomendacións!




lunes, 21 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Como todos os anos aquí tedes unhas recomendacións para desfrutar da lectura na casa. 

Aínda estades a tempo de poñelas na carta de Papá Noel ou na dos Reis Magos.

Bo Nadal!






viernes, 19 de junio de 2020

MOUCHÁN RECOMENDA PARA O VERÁN...

Desde a biblioteca desexámosvos un moi bo verán e unhas felices vacacións. Poderedes descansar e desfrutar do voso tempo de lecer despois do traballo que fixestes ao longo destes meses.
Como non podía ser doutro xeito, Mouchán recoméndavos unhas lecturas que considera moi interesantes, entretidas e divertidas.

BO VERÁN!




lunes, 8 de junio de 2020

"TREMOEDO TRAVELER: MOUCHÁN VAISE DE VIAXE"

Presentamos a revista de viaxes co traballo realizado polo alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria de Reforza-t.

Esperamos que o desfrutemos. A ver se algún día podemos visitar estes lugares que nos explican e recomendan.

Preme na imaxe para vela e vai pasando as páxinas na frechiña da dereita.


lunes, 27 de abril de 2020

NOVAS RECOMENDACIÓNS E FELICITACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO!!

Temos outras nenas que quixeron participar na actividade do Día do libro. Moitas grazas!!!!
Como ben sabedes, ás veces hai problemas coas tecnoloxías (máis nesta época que todos estamos a mandar moitas cousas) e fai que non cheguen os arquivos a tempo.

jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO 2020!!!

Desexámosvos un moi feliz Día do libro neste 23 de abril.
Desfrutemos moito destes momentos de lectura e das recomendacións que nos fan os nosos nenos e nenas que, a pesares da distancia, con este vídeo nos sentimos máis preto.
Moitas grazas ás familias e ao alumnado pola súa participación.


domingo, 19 de abril de 2020

GALICIA LE, unha chea de recursos sen saír do noso fogar

Compartimos o enlace de GaliciaLe da rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Tedes toda a información para poder desfrutar de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico no teléfono móbil, tablet e ordenadores e, no caso dos libros, ademais, en lectores de libro electrónico.
Todo iso seguindo uns sinxelos pasos. 
Que o confinamento non sexa un impedimento para poder aproveitar estes recursos nos nosos momentos de lecer.