BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 29 de febrero de 2016

ACTIVIDADES NA BIBLIO DE MOUCHAN

Neste segundo trimestre puxéronse en marcha algunas actividades nas que todos participastes: mochilas viaxeiras, axudantes animadores, tarefas de organización e etiquetado de libros,... Tamén redecoramos a árbore de nadal para convertila nunha "árbore de entroido"e disfrazamos a Mouchán!
Comenzamos cunha exposición de obxectos realizados con papel. Algúns son realmente sorprendentes!
Preparamos una carteleira de novidades, onde aparecen as últimas adquisicións, celebramos o día de Rosalía... e aínda non rematou o trimestre!!!

viernes, 26 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA. "UN POEMA E UNHA FLOR"



 O día 24, para conmemorar o día do Rosalía realizamos o longo da mañá a actividade "Un poema e unha flor"
Fomos poetas, pois continuamos algún dos máis famosos versos de Rosalía.

Fomos artistas, cos nosos propios deseños das flores de papel.
E somos detallistas. Intercambiámolo cos compañeiros!