BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

sábado, 26 de mayo de 2012

"A vella Lulula"

Os mestres e mestras do CEIP A Lama, coa colaboración do alumnado de infantil e primaria, realizaron esta magnífica curtametraxe de animación, baseada no conto "A vella Lulula". Parece incríble, pero todo foi feito por eles. Co seu permiso, ímolo compartir con todos vós. Que o desfrutedes!

lunes, 14 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012. Valentín Paz Andrade




Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.
Naceu en Lérez, Pontevedra, o 23 de abril de 1898. O seu tío despertou nel a paixón polas letras e por Galicia.
En 1916 coñece a Castelao e convértese no seu amigo e admirador. Un ano destois marcha a Santiago de Compostela a estudiar Dereito. Alí colaborou no vespertino Gaceta de Galicia.
O seu primeiro caso foi "a causa dos tres rapaces". Foi asesor xurídico da Asociación de armadores "La Marítima". Mediou nun grave conflicto laboral cos traballadores.
No 1922 sae o primeiro número do xornal Galicia, do que será redactor xefe e logo director.
A liña editorial centrábase na defensa de Galicia e no estudo dos seus problemas.
Paz Andrade e os seus amigos constituíron diferentes asociacións, como a Asociación de Escritores Galegos para conseguir un futuro mellor para a nosa terra.
Polas súas ideas políticas ten problemas coas autoridades na Dictadura, e sufre a censura xornalística, multas, cárcere e desterro.
Nun deses desterros, en Pobra de Trives (Ourense), coñece a Pilar Rodríguez, con quen cassa en 1939. O matrimonio instalouse en Vigo e en 1940 nace o seu único fillo, que se chamará Alfonso en honor a Castelao.
O seu outro desterro foi a Extremadura, onde votaría en falta a súa terra.
Durante a Guerra Civil defende a varios intelectuais e galeguistas, e incluso axudou a outros a fuxir ao exilio.
Valentín Paz Andrade coñecía o mundo da pesca en profundidade. No 1960 colabora na fundación do Grupo Pescanovada que foi vicepresidente.
Foi un home polifacético e un loitador incansable con un único obxectivo, servir a Galicia.
Algunhas das súas obras son "Sementeira do verbo", "Castelao na luz e na sombra" e "Cen chaves de sombra".
Faleceu en Vigo en 1987 e foi enterrado no seu pobo natal ós 88 anos de idade.

Agora, vexamos o que aprendíchedes:
Pasapalabra Valentín Paz Andrade (click aquí)
Edilim (click aquí)
Que tal saíu? Seguro que xa sodes todos uns expertos!

lunes, 7 de mayo de 2012

O prometido...

Aínda que xa choveu (e bastante) dende a celebración do día da muller traballadora, por fin aquí tedes a presentación prometida con todas as vosas aportacións. Noraboa! A ver se a próxima vez se anima alguén máis a participar nas actividades que vos propoñemos dende os blogs.
P.d.: Para que vos de tempo a ler, tedes que premer no botón de pausa (abaixo á esquerda)