BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

viernes, 19 de junio de 2020

MOUCHÁN RECOMENDA PARA O VERÁN...

Desde a biblioteca desexámosvos un moi bo verán e unhas felices vacacións. Poderedes descansar e desfrutar do voso tempo de lecer despois do traballo que fixestes ao longo destes meses.
Como non podía ser doutro xeito, Mouchán recoméndavos unhas lecturas que considera moi interesantes, entretidas e divertidas.

BO VERÁN!




jueves, 18 de junio de 2020

AS NOVAS DE SAN BARTOLOMÉ NO FARO DE VIGO

Este ano o noso cole participou no proxecto  do Faro de Vigo chamado "Faro da Escola". Preténdese con el achegar o mundo xornalístico aos máis cativos formando lectores con pensamento crítico á vez que se traballa a expresión escrita.
No marco do proxecto documental integrado que traballamos este ano que levaba por título "Os medios de comunicación: Radiochans" o alumnado investigou sobre diferentes medios, visitou as dependencias dun xornal e dunha radio local, recibiu formación sobre a elaboración de noticias e o coidado da fotografía nas mesmas da man de profesionais do Faro de Vigo, entre outras actividades.

O proxecto "Faro da escola" tiña inicialmente o propósito de que o cole publicase un xornal coas novas elaboradas desde os diferentes niveis tanto de educación infantil como de primaria. Como todos sabemos, este curso foi moi diferente pola situación que nos tocou vivir e, este proxecto, non foi unha excepción, de xeito que a súa extensión tivo que verse reducida. Por suposto non se cancelou e mañá venres, día 19 de xuño, o Faro de Vigo vai adicado ás novas dos diferentes coles. Nel contaranse algunhas novas que tiveron lugar no noso centro e noutros.

Hoxe, xoves 18, todos os coles participantes recibimos un bonito recordo desta iniciativa nun acto celebrado en Vigo.


lunes, 15 de junio de 2020

PREMIO "MOUCHAR" Á MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN

Este proxecto dos alumnos de 6º leva por título: “O peliculón: a miña película de animación favorita”. Nel trataron de combinar diferentes medios de comunicación: radio, televisión e cine. Ía ser presentado no colexio, mediante unha gala cinematográfica, pero a pandemia e o posterior confinamento provocaron a imposibilidade de realizalo deste xeito e ter que adaptalo á nova situación. A pesar dalgunhas limitacións técnicas que tivemos, esperamos que vos guste.


lunes, 8 de junio de 2020

"TREMOEDO TRAVELER: MOUCHÁN VAISE DE VIAXE"

Presentamos a revista de viaxes co traballo realizado polo alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria de Reforza-t.

Esperamos que o desfrutemos. A ver se algún día podemos visitar estes lugares que nos explican e recomendan.

Preme na imaxe para vela e vai pasando as páxinas na frechiña da dereita.


lunes, 1 de junio de 2020

ÚLTIMA ENTREGA DOS VIDEOCONTOS DE MESTRES

Pechan esta sección as mestras de liguas estranxeiras: Vanessa (francés) e a auxiliar de conversa, Alicia (inglés) con dous contos infantís ben coñecidos por todos. Prestade especial atención!
Esperamos que os desfrutedes.
Grazas ao profesorado participante nesta actividade, que puxeron toda a súa arte e agarimo para vós. 
A profe Alicia presenta: "The ugly duckling".

A profe Vanessa cóntanos: "Le grand gros navet".

CÓNTAME UN CONTO

Grazas a todos os que participastes no concurso de videocontos e parabéns, porque desfrutamos moito coas vosas creacións.
Todos e cada un de vós merecedes o premio e por iso todos ides recibir un agasallo de Mouchán. Pero como isto era un concurso onde hai que elixir a uns gañadores,  valoramos orixinalidade, elaboración, posta en escena,  interpretación...
Deste xeito, quedamos cun gañador por categoría en cada un dos ciclos.
As categorías son:
Videoconto en castelán.
Videoconto en galego.
Videoconto por parellas.
Gañadores na categoría VIDEOCONTOS EN CASTELÁN:
- Educación infantil: Nuria Pintos. Conto: “Caperucita roja”.
- 1º ciclo: Lucía Rodríguez (2º). Conto: “Una princesa diferente. La princesa pirata”.
-  2º ciclo: Lucía Varela (4º). Conto: “Blancanieves y los siete enanitos”.
-  3º ciclo: Eloy Bravo (6º). Conto: “ El monstruo de colores”.

Gañadores na categoría VIDEOCONTOS EN GALEGO:
- Educación infantil: Lucía Iglesias. Conto "O polo Pepe".
1º ciclo: Saul Moldes. Conto: "Filipo e Leo".
2º ciclo: Rita Rodríguez. Conto: "O señor Ramón e a señora Ramona".
- 3º ciclo: Celia Amoedo. Conto: "A cola de dragón".


Gañadores na categoría VIDEOCONTOS EN PARELLA:
- 1º ciclo: Pepe e Mencía. Conto: "Los tres cerditos".
2º ciclo: Estela e Manuel. Conto: "Os pitiños".
3º ciclo: Carla e Nico. Conto: Quen vén esta noite?

Parabéns a tod@s, nenos, nenas e familias colaboradoras! 
Como non poderá haber entrega de premios presencial e non queremos esperar a setembro, cada un levará o seu agasallo cando veña recoller o material ao colexio. 


O resto dos videocontos podédelos ver no seguinte enlace: