BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 29 de enero de 2019

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA!!






QUEN É QUEN?


Como xa vos adiantou Mouchán na última carta, temos un novo concurso no que tedes a posibilidade de participar.
Debedes fixarvos no expositor do proxecto que está á saída da biblioteca. Aí tedes as caricaturas de personaxes ilustres relacionados coas diferentes artes.
Teredes que investigar sobre cada personaxe, podendo utilizar os recursos da biblioteca (como libros, ordenadores, tablets…). No panel aparecen diferentes etiquetas co nome e a disciplina artística de cada un deles, pero será necesario ordealos.
Este reto consistirá en saber quen é cada un e a que se adica. Isto poderedes levalo a cabo coa axuda dos vosos titores e titoras ou vós sós durante as horas de biblioteca. O primeiro que sexa capaz de resolvelo, terá un  agasallo.
Pequenos e pequenas detectives da arte, a resolver o misterio!! Desfrutade moito!!



lunes, 28 de enero de 2019

ATENCIÓN! CERTAME DE RELATO CURTO Á VISTA

Informámosvos dunha actividade literaria moi interesante. Trátase dun certame de relato curto no que poderedes participar con textos ORIXINAIS escritos en GALEGO creados por vós.

Por suposto, teñen que cumprir uns requisitos en canto ao formato, os cales comentamos a continuación. A súa extensión é de entre 200 e 300 palabras escritas na fonte TIMES NEW ROMAN, TAMAÑO 12 e INTERLIÑADO 1,5.

Os DATOS que deben achegarse son os seguintes: con respecto á persoa participante, débese indicar un pseudónimo, nome e apelidos, curso, centro escolar, correo electrónico e teléfono; en canto ao relato, este debe incluír o título, o relato, o pseudónimo e a categoría. Para máis información sobre as bases podedes consultar na web certame.nontedurmas.org.


lunes, 21 de enero de 2019

NOUVEAUTES

Esta semana temos unhas novas adquisicións na biblioteca moi especiais. Trátase dunha colección de libros en francés aos que podedes chegar se seguides correctamente unhas pistas que atoparedes nos corredores. Por suposto, para iso, deberedes empregar todo o que sabedes desta lingua.

jueves, 17 de enero de 2019

NO MUSEO


O pasado día 19 de decembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou o Museo de Pontevedra para seguir documentándose para o noso proxecto “Innovarte”.
Alí, tiveron a oportunidade de realizar diferentes visitas dinamizadas que lles permitiron coñecer as diferentes pezas de arte, desenvolvendo así, a sensibilidade, o goce estético e a adquisición de valores culturais e sociais.
O alumnado de 3º e 4º asistiu á actividade “Detectives da arte”, onde realizaron un xogo de busca e observación onde os nenos e nenas, a partir dunha selección de artistas galegos, afondaron no valor da abstracción, da expresión a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da evolución dos xéneros e das técnicas.
O alumnado de 5º e 6º adentrouse no mundo da música, coa dinámica, “Música na arte”, a través dun percorrido con ficha didáctica no que a música e a súa representación plástica son o fío condutor. A partir dunha selección de obras pictóricas nas que partituras, instrumentos e intérpretes aparecen como protagonistas da composición, os nenos e nenas coñecerían aspectos básicos vinculados coa educación musical e coa pintura.





lunes, 14 de enero de 2019

NOVIDADES

Comeza o ano 2019 con novos libros na biblioteca para que sigades gozando coa lectura.
Estade atentos aos andeis!