BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 27 de abril de 2020

NOVAS RECOMENDACIÓNS E FELICITACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO!!

Temos outras nenas que quixeron participar na actividade do Día do libro. Moitas grazas!!!!
Como ben sabedes, ás veces hai problemas coas tecnoloxías (máis nesta época que todos estamos a mandar moitas cousas) e fai que non cheguen os arquivos a tempo.

viernes, 24 de abril de 2020

A pegada de Antonio García Teijeiro

Entre libros e libros e ventos e ventos... con Antonio Garcia Teijeiro un aire fresco deixou unha pegada moi importante entre nós.
Hai un tempo que no cole tivemos a sorte de telo entre nós e o seguimos recordando.
Podes escoitar en Ixoox a emotiva entrevista que lle fixo un grupo de 2º en Radio Chans.

https://www.ivoox.com/antonio-garcia-teijeiro-radio-chans-audios-mp3_rf_50381802_1.html


Tamén podes ver o vídeo da canción composta na clase de música sobre un dos seus poemas e interpretada polo alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.



E mirade o artistas que son os nenos e nenas de 3º que compuxeron as súas propias estrofas tomando como referencia a temática do vento tan presente na última obra do autor: "Vento, ventiño, venteiro".


jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO 2020!!!

Desexámosvos un moi feliz Día do libro neste 23 de abril.
Desfrutemos moito destes momentos de lectura e das recomendacións que nos fan os nosos nenos e nenas que, a pesares da distancia, con este vídeo nos sentimos máis preto.
Moitas grazas ás familias e ao alumnado pola súa participación.


domingo, 19 de abril de 2020

GALICIA LE, unha chea de recursos sen saír do noso fogar

Compartimos o enlace de GaliciaLe da rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Tedes toda a información para poder desfrutar de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico no teléfono móbil, tablet e ordenadores e, no caso dos libros, ademais, en lectores de libro electrónico.
Todo iso seguindo uns sinxelos pasos. 
Que o confinamento non sexa un impedimento para poder aproveitar estes recursos nos nosos momentos de lecer.




viernes, 3 de abril de 2020

POESÍA PARA AMENIZAR A CUARENTENA

Entre todas as noticias que están ultimamente nos medios, estamos ledos de ver a Antonio García Teijeiro en vídeo recitando uns poemas cheos de agarimo, como todo o que fai coas súas queridísimas palabras. Recita para nós a prmeira entrega de "Versos para ler e soñar".

Como tamén ben di antes de recitar: "[...] A poesía debe estar presente nestes tempos que corren [...]".
Moitas gracias Antonio por facer que, nestes momentos tan complicados, a túa ledicia e agarimo chegen aos nosos fogares.

Ao velo, é imposible non acordarse daquel día de febreiro, cando tivemos a grandísima sorte de estar con el na nosa biblioteca, na nosa radio... Que bonitos recordos que nos fan pensar no moito que botamos de menos ao noso cole!




jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe celébrase o Día internacional do libro infantil.  
preme na imaxe para acceder.

Celebremos todos xuntos este día con Antonio García Teijeiro, cada un desde as súas casas.



Nestes outros enlaces poderedes desfrutar de contacontos, o salón do libro virtual e moitas outras aportacións de editoriais e autores galegos para que poidades desfrutar da lectura tamén nestes días, xa que non vos podedes achegar ás bibliotecas.

https://osbolechas.gal/libro-fala.php

Saudiños e a coidarse.
Vémonos pronto!