BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 21 de octubre de 2019

O alumnado de 1º nas ondas

O alumnado de 1º foi á nosa radio! Alba, Martín, David e Pepe falaron dos libros que máis lle gustan e aproveitaron o feito de estar no aire en Radio Chans para pedirlle a Mouchán máis libros que lles gustaría ter na biblioteca. É a primeira vez que falaban diante dos micros e fixérono xenial.

Escoitade, escoitade! https://www.ivoox.com/lecturas-alumnado-1-audios-mp3_rf_43306856_1.html


viernes, 18 de octubre de 2019

APERTURA DA BIBLIOTECA

Cando este mes abriron as portas da biblioteca de Mouchán, durante a primeira semana sucederon cousas especiais: houbo sorpresas, recordamos o funcionamento da biblioteca...
No seguinte vídeo podedes ver algúns destes momentos.



lunes, 14 de octubre de 2019

NOVO PROXECTO



Este curso comezamos un novo proxecto que leva por título: "Os medios de comunicación: RADIO CHANS".
Con el, teremos a oportunidade de aprender máis sobre cada un dos medios de comunicación que se empregan na actualidade ou, pola contra, de coñecer outros que foron moi usados no pasado e que agora non o son tanto. Veremos que elementos emprega cada medio para poder transmitir información. Do mesmo xeito, sorprenderémonos ao ver a evolución e o cambio de sufriron outros medios ao longo da historia desde os enormes ordenadores ou teléfonos ata os que coñecemos hoxe en día.

Por suposto, estaremos nas ondas e poderedes escoitarnos se conectades con Radio Chans (na app de ivoox). Será unha canle moi usada polos mouchiños e mouchiñas para comunicarvos o que acontece no cole, as nosas inquedanzas, as conclusións das nosas investigacións...

Estade atentos! Temos moito que contar!

viernes, 11 de octubre de 2019

NOVAS, NOVAS: RADIO NA BIBLIO!



Temos unha noticia moi importante que contar. O noso centro foi seleccionado para incorporarse ao proxecto "Radio na biblio". Así, promoveremos o emprego da radio dentro do contexto da nosa biblioteca escolar. Os nosos mouchiños e mouchiñas ampliarán as súas competencias en relación á mellora da expresión oral, o traballo colaborativo, a investigación e o manexo de información.

Trátase dunha moi boa nova pola cal estamos moi ledos no cole.
Estaremos moi atentos ao que nos contan os nosos mouchiños nas ondas a través de RADIO CHANS.



viernes, 4 de octubre de 2019

PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO DO CURSO 2019-2020

Desde as ondas, o CEIP Plurilingüe San Bartolomé dá a benvida ao novo curso 2019-2020. Nesta ocasión, un pequeno grupo de nenos e nenas de diferentes cursos nos contan como viviron os primeiros días nas aulas.

Podes escoitalos premendo na seguinte ligazón:
https://www.ivoox.com/benvida-ao-curso-2019-2020-audios-mp3_rf_42317460_1.html

Non esquezades escoitar os nosos programas en "ivoox" (a través da web ou descargando a app no móbil) e buscando "Radio Chans".