BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 30 de octubre de 2023

O RECANTO DO SAMAÍN

Estades todos convidados a ver os libros do recanto do Samaín. Está ateigado de libros para pasalo de medo!!!

Tedes como novidade "La maravillosa y horripilante casa de la abuela".

Dentro vídeo!





MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas xa andan viaxando polos fogares do noso alumnado.

A partires do 24 de outubro (Día das Bibliotecas Escolares) unha coidada e variada selección de fondos da biblioteca compartirá bos momentos cos nosos nenos e nenas en compañía das súas familias.





jueves, 26 de octubre de 2023

PDI "Mergúllate na ría II": Visita á Illa de Arousa

No seguinte vídeo vemos algúns dos momentos dos que desfrutamos na visita á Illa de Arousa realizada como actividade de motivación do noso PDI Mergúllate na ría.



 

lunes, 23 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá, o 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha achega moi especial para as nosas aulas.

Entregaranse as mochilas viaxeiras para que desfrutemos delas nas casas. 

Veremos que sorpresiñas nos traen!



jueves, 5 de octubre de 2023

APERTURA DA BIBLITOECA: MOUCHÁN SAE AO PATIO

Aquí podedes ver un vídeo da hora de ler do pasado luns 2 de outubro. Nela desfrutamos dunha sesión de lectura ao aire libre grazas aos libros que sacou Mouchán. Ademais, os novos axudantes da biblioteca axudábannos a buscar as zonas dos libros axeitados á nosa idade.