BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

viernes, 29 de septiembre de 2023

VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA 2023-2024

Dámoslle a benvida e as grazas ao alumnado seleccionado para o equipo de voluntariado de biblioteca.
No seguinte vídeo podedes ver algún dos momentos do proceso de selección.



miércoles, 27 de septiembre de 2023

APERTURA DA BIBLIOTECA

 Xa sabemos cal é data tan esperada por vós.

O luns 2 de outubro a biblioteca abre as súas portas cunha xornada moi especial na que Mouchán sairá ao patio cunhas lecturas moi divertidas e interesantes adaptadas a cada idade.

A partires do martes 3, os axudantes da biblioteca farán a formación de usuarios explicándonos o funcionamento da biblioteca como se detalla a continuación:

- Martes 3: formación dos usuarios de 3º e 4º de Educación Primaria.

- Mércores 4: formación dos usuarios de 1º e 2º de Educación Primaria.

- Xoves 5: formación dos usuarios de Educación Infantil.



lunes, 18 de septiembre de 2023

A BIBLIOTECA DE MOUCHÁN BUSCA AXUDANTES

A biblioteca de Mouchán busca axudantes. Xa sabedes, se cumpres os requisitos do cartel podes entregar o teu currículum vitae e a solicitude para participar no proceso de selección que contará cunha entrevista individual.

Nos próximos días daremos a coñecer aos novos voluntarios.