O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
Grazas a todos os que participastes no concurso de videocontos e parabéns, porque desfrutamos moito coas vosas creacións.
Todos e cada un de vós merecedes o premio e por iso todos ides recibir un agasallo de Mouchán. Pero como isto era un concurso onde hai que elixir a uns gañadores, valoramos orixinalidade, elaboración, posta en escena, interpretación...
Deste xeito, quedamos cun gañador por categoría en cada un dos ciclos.
- 2º ciclo: Lucía Varela (4º). Conto: “Blancanieves y los siete enanitos”.
- 3º ciclo: Eloy Bravo (6º). Conto: “ El monstruo de colores”.
Gañadores na categoría VIDEOCONTOS EN GALEGO:
- Educación infantil: Lucía Iglesias. Conto "O polo Pepe".
- 1º ciclo: Saul Moldes. Conto: "Filipo e Leo".
- 2º ciclo: Rita Rodríguez. Conto: "O señor Ramón e a señora Ramona".
- 3º ciclo: Celia Amoedo. Conto: "A cola de dragón".
Gañadores na categoría VIDEOCONTOS EN PARELLA:
- 1º ciclo: Pepe e Mencía. Conto: "Los tres cerditos".
- 2º ciclo: Estela e Manuel. Conto: "Os pitiños".
- 3º ciclo: Carla e Nico. Conto: Quen vén esta noite?
Parabéns a tod@s, nenos, nenas e familias colaboradoras!
Como non poderá haber entrega de premios presencial e non queremos esperar a setembro, cada un levará o seu agasallo cando veña recoller o material ao colexio.
O resto dos videocontos podédelos ver no seguinte enlace:
Informámosvos dunha actividade literaria moi interesante. Trátase dun certame de relato curto no que poderedes participar con textos ORIXINAIS escritos en GALEGO creados por vós.
Por suposto, teñen que cumprir uns requisitos en canto ao formato, os cales comentamos a continuación. A súa extensión é de entre 200 e 300 palabras escritas na fonte TIMES NEW ROMAN, TAMAÑO 12 e INTERLIÑADO 1,5.
Os DATOS que deben achegarse son os seguintes: con respecto á persoa participante, débese indicar un pseudónimo, nome e apelidos, curso, centro escolar, correo electrónico e teléfono; en canto ao relato, este debe incluír o título, o relato, o pseudónimo e a categoría.
Para máis información sobre as bases podedes consultar na web certame.nontedurmas.org.