BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

jueves, 16 de marzo de 2023

MÁIS NOVIDADES

Aquí atoparás divertidas historias para os máis cativos, libros de consulta para os maiores e outros para crear unha morea de alternativas ao aburrimento.

Preme nesta imaxe e despois en cada libro. Uns nenos e nenas de 6º explicaranche que hai detrás de cada título.



lunes, 13 de marzo de 2023

NOVIDADES

 Bo día.

Hoxe temos estas novidades.

Preme na imaxe e, despois, fai clic en cada libro porque alguén che contará de que vai. Activa o son do teu dispositivo!



lunes, 6 de marzo de 2023

ROSALÍA DE CASTRO EN RADIOCHANS

Poñemos a continuación os enlaces á plataforma ivoox correspondentes a algúns dos programas de radio que se gravaron no noso cole co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro o pasado 23 de febreiro.

Preme en cada un dos cursos para escoitalos.

- 1º de Educación Primaria.

- 2º de Educación Primaria.

- 3º de Educación Primaria.

- 4º de Educación Primaria.

Recorda que podes instalar a app de Ivoox no teu móbil ou tablet para escoitar os podcast de radiochans ou buscar outras canles que che gusten.

NOVIDADES

A continuación tedes varios libros novos. Esta escolma está pensada para o alumnado de todo o centro. Polo tanto, hai libros para os máis cativos como "¡Que viene el lobo!" e "Un conto cheo de lobos". Para os primeiros lectores, "Invisible". O alumnado de segundo ciclo que está estudando as táboas en matemáticas "Gira y aprende las tablas de multiplicar". Finalmente, para os maiores de 5º e 6º aconséllovos "Estar mal es normal" e "Un paseo por el Museo del Prado". 

                            



lunes, 13 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

 

O noso recanto xa está a vivir o entroido. Nel, poderedes atopar moitos libros que xa coñecedes como: “Tribus”, “Decorados y vesturario”, “O carnaval dos animais”, “Entroido”, “Jugar y crear disfraces”, “Carantoñas” ou “Animalotes”.

Outrosí, tedes, como novidade, “Non pare a festa. É tempo de entroido 2” dos autores Ramón D. Veiga e David Sierra. Que hai neste libro tan vistoso? Pois un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo que se xuntan para organizar unha boa troula. Mediante un código qr accederás a unha canción do grupo “Os Amigos dos Músicos”.

Xunto co feito de ter dispoñibles estes libros, recordade buscar cada día o mandadiño de Mouchán á hora do patio para saber como teredes que vir decorados ao día seguinte e, por suposto, xa estades cos últimos retoques do disfrace mariñeiro?


martes, 31 de enero de 2023

CALENDARIO 2023

Xa temos preparado o novo almanaque que, tendo en conta o Proxecto Documental Integrado deste ano, ten como temática os pobos mariñeiros da ría de Arousa.

Ademais de ser un recurso moi interesante para axudarnos a planificarnos, podemos descubrir moitos datos que non coñeciamos dos pobos da nosa contorna.

Preme na imaxe e accederás ao blog "Cousas das Chans" para ir pasando as páxinas e ver o calendario completo.





XEYLA E CARLA PRESENTAN...

Estas dúas alumnas de 6º preséntannos nesta ocasión un novo lote de libros que xa temos na biblioteca.

Agradecémoslles as súas explicacións. Xa nos podemos facer unha idea de cada un deles. Xa tedes o voso favorito para collelo emprestado?

Agardamos que vos guste.



jueves, 26 de enero de 2023

COLECCIÓNS

Como novidade esta semana temos máis números de dúas coleccións que para moitos e moitas de vós non precisan presentación. Trátase de "Isadora Moon" e "Mortiña".

Sei que vos están gustando moito porque fixestes a petición na miña caixa do correo. 

Para aqueles que non as coñezades anímovos a comezar con algún destes libros e contarme que vos parecen.

Un saúdo,

Mouchán



jueves, 19 de enero de 2023

martes, 17 de enero de 2023

RECANTO DO DÍA DA PAZ

O noso recanto xa ten unhas lecturas moi recomendables sobre a conmemoración que teremos dentro duns días: o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Podedes ir desfrutando delas.



miércoles, 21 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

Ola nenos, nenas, familias...!!!

Este trimestre está chegando á súa fin e xa estamos máis preto das agardadas festas do Nadal.

Nesta época, teremos tempo para desfrutar moito máis: xogando, pintando, bailando, cantando... e, por suposto, una das mellores formas de pasalo ben é cun libro nas nosas mans co que aprender, rir, viaxar, imaxinar...

No seguinte vídeo vos deixo unhas recomendacións lectoras por se queredes sacar algunha ideíña para ler ou para engadir ás vosas cartas de desexos para o Nadal.

Agardo que pasedes unhas moi felices festas!

Vémonos á volta con máis lecturas e máis xogos!

Un saudiño, 

Mouchán



jueves, 17 de noviembre de 2022

NOVO RECANTO

Nesta ocasión o noso recanto está dedicado ao mar.

Vén para aprender cousas da nosa ría. Hai tanto que non sabemos da nosa contorna...

Mira o seguinte vídeo.



jueves, 10 de noviembre de 2022

MÁIS LECTURAS!

Nesta ocasión traemos tamén unhas novidades moi interesantes.


Para aquel alumnado que é moi curioso, lle encanta aprender cousas novas e se fai moitas preguntas son marabillosos os libros "Una palabra para cada día" da colección Los Superpreguntones e "365 datos curiosos". Os que xa coñecen a colección dos Minimortos ou para os que se queren iniciar nela, tedes a nova aventura titulada "Ai, que risa". Os aventureiros aos que lles gusta a intriga podedes facer o empréstito de "Las aventuras de Billie B. Brown en busca del tesoro". Por último, aqueles cativos que desexen disfrutar cunha fermosísima historia podedes ler "O ladrón de paraugas".

martes, 8 de noviembre de 2022

NOVIDADES MARIÑEIRAS

Ola mouchiños e mouchiñas.

Temos catro libros novos na nosa biblioteca que están moi relacionados co noso proxecto da ría posto que falan do mar.


- "O libro da illa de Ons": Mario e Sariña faranse amigos na Illa de Ons. Era a illa que Sariña ollaba desde a súa casa e que sempre quiso coñecer. Perdeu o medo ao barco e alá foi vivir aventuras.

- "Xa voooou": cóntanos a historia de Suit, un peixiño distraído que vive no fondo do océano e, por iso, alí se oe ultimamente tanto "xa voooou".

- "Marea negra": fálanos dun feito que foi unha realidade que aconteceu en Galicia hai uns poucos anos. Trátase do naufraxio dun barco petroleiro que encheu o mar de alcatrán. Por iso, a vida das gaivotas e de moitos seres vivos está ameazada. Aquí, na ficción do conto, un grupo de animais dunha granxa da ribeira botáronse ao mar a socorrelas.

- "Barxilón no Mar do Latón": fala do pequecho Barxilón que vivía con moitos mexilóns. Era moi festeiro e por iso tiña problemas con Fungón xa que lle prohibía todo aquilo que lle gustaba facer. Un día pasou algo inesperado. Acompáñalo para saber que sucede?

Vémonos noutra entrega de novidades!

Un saudiño, 

Mouchán

jueves, 3 de noviembre de 2022

MOTIVACIÓN PDI 2022-2023: VISITA A CAMBADOS

Dentro do noso PDI "Mergúllate na ría" recordaredes que, como actividade de motivación, fixemos unha visita a Cambados para coñecer o porto, a lonxa, os oficios relacionados co mar... e estivemos mariscando!

No seguinte vídeo podedes ver unha escolma de fotos que inmortalizan ese día.



martes, 18 de octubre de 2022

RECANTO TERRORÍÍÍÍÍÍÍÍÍCO!!

Serás quen de achegarte ao noso recanto nesta ocasión??

Está ateigado de libros terroríficos para pasalo de medo.

Bota unha ollada. Verás coleccións e libros que de seguro che van encantar.

Ademais, tedes como novidade libros da colección dos "Minimortos" e de "Ana Kadabra".






viernes, 14 de octubre de 2022

A BIBLIOTECA XA ABRIU AS SÚAS PORTAS!

Xa está aberta a biblioteca! Previamente, foron seleccionados os axudantes tras entregar o seu currículum, pasar entrevistas individualizadas...

O primeiro día de biblioteca o celebramos con Mouchán saíndo ao patio cun montón de libros seleccionados para as diferentes idades. Pasamos unha fermosa xornada de sol lendo ao aire libre.

No seguinte vídeo podes ver as fotos destes días.

Agárdovos na biblio!

Un saudiño, 

Mouchán


martes, 20 de septiembre de 2022

CURSO 2022-2023

Benvidos a este novo curso!!

A biblioteca está a piques de abrir pero estamos preparando un montón de cousas.

En primeiro lugar, xa que este ano podemos ter de novo aos axudantes, estamos en proceso de selección.

Se queres formar parte do equipo de biblioteca non esquezas enviar o teu currículo.

Estamos agardándote!

Saudiños, 

Mouchán