BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Coma sempre que se achega o 17 de maio, a nosa biblioteca fai unha selección de homenaxeados para o recanto.

Este ano, o Día das Letras Galegas adícase ás "Cantareiras-Poesía popular", polo que desfrutamos do concerto didáctico que nos ofreceu o Grupo Xironsa.



Desde as aulas recompiláronse cantigas tradicionais e colocáronse nun xigantesco mural na entrada do colexio. O traballo en colaboración coas familias foi fermoso e destaou a cantidade e variedade.

cantigas a esgalla 

 Ademais, todo o centro interpretou un popurrí coas cantigas "A saia da Carolina", "Eu teño un canciño" e Amoriños collín" e unha danza coa peza "Lévame, lévame".



jueves, 24 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

Este ano, celebramos este 23 de abril, o Día do Libro, cun encontro coa autora Thalía Troitiño González. A nosa profe Thalía presentounos "O poder máxico do sorriso". 

Ela explicounos como xurdiu, fixemos unha lectura colectiva e puidemos preguntarlle algunhas dúbidas e curiosidades sobre a súa obra e sobre a experiencia de crear e publicar un libro.



jueves, 30 de enero de 2025

RECANTO DA PAZ

Visita o noso recanto para ver estes fermosos libros para

 cultivar a paz todos os días do ano. Hoxe, 30 de xaneiro celebamos a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz.



viernes, 24 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cunha actividade que resultou ser moi motivadora para todo o alumnado. Este ano a homenaxeada foi Luisa Villalta.

Dita actividade consistíu en descubrir mediante a lectura de códigos QR a biografía de Luísa Villalta. Establecéronse dous roteiros: amarelo para a vida e azul para a obra. O alumnado, dividido en equipos, debía seguir o roteiro correspondente e, unha vez lido o código, tiñan que apuntar a información nun caderno. Unha vez recollida toda a información cada equipo escolleu a un portavoz para facer unha pequena posta en común.

Roteiro amarelo: vida de Luísa Villalta


Roteiro azul: obra de Luísa Villalta


Posta en común da información atopada



Tamén realizamos, como todos os anos,  a actividade "Palabras a esgalla", onde o alumnado tiña que plasmar nunha cartolina A5 unha palabra que expresase un sentimento ou unha emoción relacionada co mar.


Ademais no recanto contamos con libros da nosa homenaxeada xunto con outros de persoas destacadas nas Letras Galegas de anos anteriores.

martes, 2 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil. Estableceuse este día para chamar a atención sobre o importantes que son os libros para os nosos cativos, para reivindicar como a literatura pode axudarnos a potenciar a imaxinación, a empatía, a creatividade e a linguaxe, algo interesante a calquera idade pero, sobre todo, nos primeiros anos.

Supoño que te preguntarás por que se escolleu este día.

Nesta data celebramos o nacemento de Hans Christian Andersen, un dos escritores de contos máis famoso da literatura internacional e porque, grazas a el, chegáronnos personaxes tan famosos como Polgariño, a Sireniña, O soldadiño de chumbo, A Rañiña das Neves ou O Parrulo Feo, entre outros moitos.

Por iso, o noso recanto está ateigado de grandes obras da literatura (del e doutros escritores) para que vos animedes a coñecelas ou volver a desfrutalas.





viernes, 8 de marzo de 2024

RECANTO 8M

O 8 de marzo, como ben sabedes, celebramos o Día Internacional da Muller.

No noso recanto tedes libros que vos recordarán que se pode voar alto, que somos especiais, que podemos chegar a onde pretendamos, que non teñades medo por xogar a unhas ou outras cousas cando é o que desexades.

Tamén temos outros libros que nos contan a historia de mulleres da nosa contorna, outras de preto e outras de lonxe que teñen algo en común: alí onde estaban, loitaron polo que creron corecto, por cambiar a realidade do momento e que, en moitos casos, conseguiron que o noso presente fose distinto. En definitiva, erguéronse ante as dificultades! O noso recordo e homenaxe a todas elas.

Na nosa vida, na nosa familia... seguro que temos mulleres especiais que recordamos o día de hoxe.


En cada aula traballouse desde diferentes enfoques adaptando a temática á idade do alumnado. Froito desas reflexións, creáronse uns murais fermosísimos agora expostos na sala multitusos do noso cole.



martes, 14 de noviembre de 2023

SAMAÍN: CONTOS DE MEDO 2023

Ollade os contos premiados no "Concurso de Relatos de Medo" do Samaín 2023.

Preme na imaxe e verás o vídeo con todos.



lunes, 23 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá, o 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha achega moi especial para as nosas aulas.

Entregaranse as mochilas viaxeiras para que desfrutemos delas nas casas. 

Veremos que sorpresiñas nos traen!



domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Aínda que para a Biblioteca de Mouchán todos os días son días do libro, o 23 de abril é unha data moi especial para todos porque se conmemora, tal e como indica a UNESCO, o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor".


Aquí tedes o vídeo do picnic literario que organizamos no cole para ese día.



martes, 28 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebramos o Día da Poesía.

O alumnado de 1º de Educación Primaria agasallounos con esta fermosa poesía creada por eles mesmos seguindo a temática do mar que estamos traballando no proxecto deste ano.

Compartimos aquí esta fermosa creación literaria.



martes, 28 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

Co gallo da celebracíón do Día de Rosalía de Castro, o pasado 23 de febreiro organizamos no cole un recital poético na biblioteca cunha escolma de poemas desta ilustre escritora galega.

A continuación podedes ver o vídeo coas intervencións dos diferentes grupos.



miércoles, 25 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano homenaxeamos a Florencio Delgado organizando un recital poético. Aquí podedes escoitar algúns dos seus versos.


Desde as clases deuse a coñecer a súa figura e a súa obra con diferentes materiais adaptados a cada idade. No cole, Florencio está presente nos nosos corredores e, como non podía ser doutro xeito, o recanto da nosa biblioteca está dedicado a el xunto con libros en galego doutros autores.



viernes, 29 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022

Recuperando actividades que se tiveron que interromper como consecuencia das restricións, retomamos a dos padriños e madriñas lectoras que tanto nos gusta e coa que tanto desfruta a cativada.

Así, celebramos o Día do libro neste ano 2022.







martes, 22 de febrero de 2022

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!

Hoxe conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. Un 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela unha das escritoras máis importantes da literatura española do século XIX. Ata o seu falecemento en Padrón en 1885, durante 48 anos a súa vida estivo cargada de moitos momentos complicados que nos deixaron obras cheas de sentimento, de amor por Galicia, polo rural e pola nosa lingua.


Nunha sociedade e nun momento histórico que non favorecía nin ao galego nin ás mulleres, na figura de Rosalía vemos que ela foi unha adiantada ao seu tempo, foi quen de romper con iso e outorgarlle á nosa lingua o prestixio do que non gozaba e reivindicar o seu uso.

No cole, traballamos a súa figura e a súa traxectoria con materiais adaptados á idade de cada nivel educativo. Tamén fixemos un acróstico con palabras galegas que nos gustaron para poñelas en valor.

A continuación, deixamos a interpretación musical que o alumnado de 6º preparou na clase de educación musical do seu coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes". 






lunes, 25 de octubre de 2021

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares logo de que, hai uns anos, a Asociación Amigos del Libro Infantil e Xuvenil propuxera este data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.

No noso cole, hoxe luns día 25 celebrámolo deixando viaxar as nosas mochilas agardando que, en cada unha das súas paradas, os fogares do noso alumnado, fagan todo o posible para facer desfrutar aos seus viaxeiros enchéndoos de ledicia, inquedanzas, ganas de saber, de pensar...




viernes, 30 de abril de 2021

CONMEMORAMOS A SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

Nesta semana do 26 ao 30 de abril conmemoramos a Semana Escolar dos Camiños de Santiago. Este ano dedícase ao Camiño Primitivo.

A cativada do cole desde 3º a 6º de educación primaria estivo ao longo destes días traballando co libro que vemos na imaxe para coñecer máis sobre esta ruta xacobea. Logo de investigar a comezo de curso sobre os diferentes camiños, facer o calendario e outras actividades relacionadas, agora afondamos nesta viaxe que parte da catedral de Oviedo.



viernes, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO 2021

No día de hoxe, 23 de abril festexamos o Día do Libro con este fermosísimo traballo elaborado ao longo da semana por todos os nenos e nenas do cole das etapas de educación infantil e primaria.

Cada un convertiuse no ilustrador ao que se lle encargou a tarefa de deseñar a portada para un conto clásico. Asumindo esta responsabilidade, e coa creatividade dos nosos cativos, o resultado é o que se amosa na imaxe.

Os contos asignados a cada clase foron os seguintes:

- Aula de 4º e 5º de Educación Infantil: "Hansel e Gretel".

- Aula de 6º de Educación Infantil: "O xastriño valente".

- Aula de 1º de Educación Primaria: "A vendedora de mistos".

- Aula de 2º de Educación Primaria: "O xenio da botella".

- Aula de 3º de Educación Primaria: "Os músicos de Bremen".

- Aula de 4º de Educación Primaria: "O traxe novo do emperador".

- Aula de 5º de Educación Primaria: "O rei rá".

- Aula de 6º de Educación Primaria: "Riquete o do copete".

Sen dúbida, o alumnado promete como futuros ilustradores.





viernes, 5 de marzo de 2021

RECANTO DO DÍA DA MULLER

Achégase o "Día da muller" e o noso recanto está preparado con libros que nos falan dalgunhas mulleres coñecidas por moitos e moitas de nós, da igualdade entre homes e mulleres ou que nos contan divertidas historias para que cada cativo recorde que, con esforzo, pode chegar a ser aquilo co que soña e que non debemos facer caso daquelas voces e comentarios que non impiden facer ou xogar con algo polo mero feito de ser neno ou nena.




miércoles, 24 de febrero de 2021

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro conmemoramos o "Día de Rosalía".

A continuación tedes un breve vídeo para coñecer, dunha forma moi animada, algúns dos principais fitos sobre a súa vida e traxectoria como escritora.

No segundo vídeo, escoitarás na voz de Amancio Prada a canción "Adiós ríos, adiós fontes" pertencente á súa obra "Cantares gallegos" publicada en 1863.




miércoles, 28 de octubre de 2020

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ANDAN EN CIRCULACIÓN.

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas o pasado sábado 24  de outubro, entregamos xa en cada aula a correspondente mochila viaxeira.

Este ano, como novidade, non teremos só unha mochila por aula, senón que serán dúas! Deste xeito, ao devolver a mochila "A", a seguinte que viaxará será a mochila "B" para que permaneza o suficiente tempo para a súa cuarentena e desinfección para garantir a seguridade de todos.

Esperamos que desfrutedes dos libros que nelas van.

Un saudiño, 

Mouchán