BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

jueves, 21 de mayo de 2020

MASTER CHEF DE 3º

Neste vídeo aparecen os fantásticos cociñeiros de 3º coas recetas dos seus pratos favoritos que elaboraron eles mesmos. Primeiro deseñaron un menú semanal e, logo, a receita do seu prato favorito.

Ademais, agradecemos toda a colaboración das familias e a montaxe en vídeo da profe Mariña.

Preme na imaxe para visualizar o vídeo.


martes, 19 de mayo de 2020

VIDEOCONTOS DESDE O CONFINAMENTO

Chega a terceira entrega dos videocontos feitos polos profes.
Desfrutade dos contos que vos deixaron hoxe.

A profe Noela, de infantil cóntanos "Cocorico".




A profe Vanessa tráenos (xunto cunha colaboradora moi especial) "Adivina cuanto te quiero".



lunes, 18 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Este ano non se esquecerá das nosas memorias, pois será ese ano no que celebramos o Día das Letras Galegas desde a casa, dun xeito diferente. 

Ademáis de achegarnos a Ricardo Carvalho Calero desde os fogares coas actividades propostas polos mestres e mestras, empregamos a nosa lingua para recordar expresións que nos gustan e nos dan ánimos e afouteza para seguir adiante nestes momentos complicados.

Os nosos parabéns tanto ás familias como aos mestres e mestras que participaron na elaboración e montaxe deste estupendo vídeo, para festexar o "Día das Letras Galegas 2020".



martes, 12 de mayo de 2020

VIDEOCONTOS DENDE A CASA: SEGUNDA ENTREGA.

Esta semana déixanvos os seus contos as profes Almudena e Chus. Seguro que xa os coñecedes, pois son dous libros que temos na biblio de Mouchán e sabemos que vos gustan moito. Desfrutádeos.

A profe Almudena cóntanos "Caracol e vermiño":



E coa profe Chus desfrutaremos de "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis":


jueves, 7 de mayo de 2020

VIDEOCONTOS DENDE A CASA

Os mestres decidimos adicarvos unhas xornadas de videocontos durante este mes de maio, que iremos publicando cada semana.
Inaugura esta sección o profe Manolo cun conto clásico que moitos de vós coñeceredes: "Polgariña".
Esperamos que o desfrutedes!