BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

miércoles, 29 de febrero de 2012

Exposición De Rosalía de Castro

Unha vez recopilada toda a información sobre a vida e obra de Rosalía de Castro decidimos facer un mural para homenaxear a esta ilustre escritora galega.

Aqui tedes o resultado final. QUEDOUNOS MOI BONITO!!!

jueves, 23 de febrero de 2012

24 de Febreiro. DIA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 24 de febreiro está recollido oficialmente como o DIA DE ROSALÍA DE CASTRO pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.




Rosalía de Castro é a escritora máis representativa do Rexurdimento da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, supón o inicio da recuperación do uso escrito da lingua galega e o final de séculos escuros de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

A continuación podedes visualizar un vídeo que resume a súa vida.





Algúns dos seus poemas máis coñecidos foron musicados por diversos cantautores e grupos galegos.
Aquí tedes a Amancio Prada interpretando o poema "Campanas de Bastabales".
A lingua galega foi evolucionando ao longo dos séculos e no poema que vedes a continuación aparecen palabras e grafías que non están no galego normativo, dado que no século XIX non existía unha normativa legal da nosa lingua.


Campanas de Bastabales


cando vos oyo tocar


mórrome de soidades.


I


Cando vos oyo tocar,


campaniñas, campaniñas,


sin querer torno á chorar.


Cando de lonxe vos oyo


penso que por min chamades,


e d'as entrañas me doyo.


Dóyome de dor ferida,


qu'antes tiña vida enteira


y hoxe teño media vida.


Sólo media me deixaronos


que d'aló me trouxeronos


que d'aló me roubaron.


Non me roubaron, traidores,


¡ai!, uns amores toliños,


¡ai!, uns toliños amores.


Qu'os amores xa fuxiron...


As soidades viñeron...


De pena me consumiron.





lunes, 13 de febrero de 2012

200 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CHARLES DICKENS


O 7 de febreiro celebrouse o 200 aniversario do nacemento do escritor inglés Charles Dickens . As súas novelas son moi coñecidas e lidas en todo o mundo.





Algunhas das súas novelas máis coñecidas son:











OLIVER TWIST é a primeira novela en lingua inglesa que ten a un neno como protagonista. É tamén destacable polo tratamento do mundo dos criminais e as súas sórdidas vidas.

Oliver Twist é unha das primeiras novelas sociais da historia da literatura. Chama a atención ós seus lectores sobre varios males sociais da época, como o traballo infantil ou a utilización de nenos para cometer delitos.

Foi adaptada en numerosas ocasións para o cine, a televisión e o teatro musical. Foi traducido a numerosas linguas.

Aquí tedes o trailer dunha versión en cine:






No English blog atoparedes máis información sobre este autor e a súa obra.



CUENTO DE NAVIDAD é un relato de fantasmas que narra a inquedante noite que na víspera de Navidad pasa un ancián miserable e tacaño. A visita do espectro dun antigo socio fará desfilar ante o ancián a visión dos espíritus das Navidades pasadas, presentes e futuras intentando conmover o seu corazón. Algo vai cambiar.
DAVID COPPERFIELD é unha novela autobiográfica que conta a historia dun orfo de pai que ten que soportar unha vida chea de tropezos cando súa nai decide contraer matrimonio co Sr. Murdstone, persoa maléfica que, xunto coa súa irmán, farán padecer a David toda sorte de desventuras e maltratos.



martes, 7 de febrero de 2012

O "PIKIPALABRA" (outra versión do Pasapalabra)

Aquí tendes outra versión do pasapalabra para que aprendades xogando!!!

Esperamos que este sexa máis doado.


(Clica sobre a imaxe para xogar)

viernes, 3 de febrero de 2012

JUEGOS DE LOS MUNDOS

Este xogo serve para axilizar a memoria e as capacidades de atención, comprensión e lóxica  a través de variadas e divertidas actividades adaptadas a diferentes grupos de edades.

É un xogo moi divertido. Espero que vos guste!!
(Fai clic na imaxe)


TRIVIAL NA MANSIÓN ENCANTADA

Trátase dunha versión multimedia dos coñecidos xogos de preguntas e respostas sobre  linguas, ciencia, arte, natureza, gastronomía, música, deporte, etc .
Pasarémolo en grande poñendo a proba os nosos coñecementos e demostrando o listos que somos os nenos de Tremoedo!

(Fai clic na imaxe)

TALLER DE LECTURA E ESCRITURA

As actividades de este taller están orientadas non só a fomentar o gusto pola lectura  se non a desenrolar a  faceta máis creativa dos nosos nenos.
Os máis pequenos poderán disfrutar dos contos de sempre, contar as  súas propias historias, disfrutar de libros animados e,  ata  publicar os seus propios relatos.

    ¡Dende a biblioteca invitámosvos a que descubrades o apasionante mundo da lectura!

(Fai clic na imaxe)

jueves, 2 de febrero de 2012

A CEBRA CAMILA


Imos contar un conto dunha cebra que se titula  "A cebra Camila".
Seguro que os pequechos do cole xa coñecen este conto.
 ESPERO QUE VOS GUSTE!!!!!



miércoles, 1 de febrero de 2012

Anímovos a que visitedes o seguinte enlace que poderedes atopar no portal educativo da Xunta.



Nel poderedes atopar crebacabezas e xogos de preguntas e respostas para exercitar a memoria.
Ao mesmo tempo, o  Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais e, ademáis se expoñen algunhas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.
Máis nada. Goza coa Internet e toma nota das nosas recomendacións.