BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

BOAS E "DELICIOSAS" FESTAS!!

Con esta apetitosa árbore, preparada con moito agarimo polos alumnos e alumnas de 4º, Mouchán quere desexarvos un.......  

   BO NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO!




viernes, 16 de diciembre de 2016

MOUCHÁN PRESENTA....


Estreamos o.... RINCÓN DE NADAL!

Acércase o Nadal e Mouchán non quere perderse ese momento tan especial de decorar a súa casa...  a nosa biblioteca

Para estas datas contamos cuns novos libros moi navideños para todos os públicos.
VINDE A VELOS!




viernes, 2 de diciembre de 2016

MOUCHÁN PRESENTA...


Despegando co proxecto: ALIMENTACIÓN NO MUNDO!


Esta semana, como actividade de motivación, e despois de recibir nas aulas unha carta de Mouchán, leváronse a cabo os almorzos saudables.

De luns a mércores en distintas quendas fixemos uso da nova instalación do centro, o comedor escolar, cunha actividade na que os pequenos e pequenas compartiron unha nova experiencia.


Deixámosvos unha mostra destes momentos!