BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 30 de enero de 2017

30 DE XANEIRO, DIA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz, e dende a biblioteca de Mouchán queremos  recomendarvos algunhas lecturas que teñen como temática principal a amizade, a solidariedade, a cooperación, ... e unha serie de valores que nos levan a crear un mundo mellor.
Podedes atopalos na estantería temática que se atopa na entrada da biblioteca. Para levalos en préstamo só tendes que anotalos, coma sempre, no mostrador de xestión da biblioteca.
Esperamos que os desfrutedes!

viernes, 27 de enero de 2017

ATENCIÓN....CHEGAN ÓS XOGOS!


Dende hoxe, venres, poderedes atopar na biblioteca un espazo adicado aos xogos de mesa: números, letras, expresión artística e corporal, estratexia, imaxinación....



Mirade que xeitosiño quedou!




VÉMONOS NA BIBLIO?

lunes, 23 de enero de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

ARRINCAMOS COA AVENTURA DAS mochilas viaxeiras!

O pasado venres foron para o fogar dalgúns nenos e nenas....que sorte!!!

Os demáis non vos procupedes, xa vos tocará o turno, pois desde agora e ata final de curso visitirá todas as casas dos nenos e nenas do cole e permitirá disfrutar da lectura en familia

Agardamos que deixedes constancia nos cadernos das vosas impresións e así poderemos telas en conta para próximas edicións.

Desfrutade lendo!





miércoles, 18 de enero de 2017

BENVIDOS ÁS NOVIDADES

Próximamente inauguraremos unha nova sección na biblioteca….






                ¡¡ XOGOS DE MESA!! 



 E é que queremos vir  ler pero tamén compartir tempo, espazos e xogos en compañía. 
                              Queres probalos?

                                  ¡¡A XOGAR!!


 QUEREMOS FACER DA NOSA BIBLIOTECA UN ESPACIO PARA APRENDER, COMPARTIR E DISFRUTAR.