BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN NA BIBLIO

Outro ano máis celebrando o Samaín con lecturas terroríficas!


MOUCHÁN PRESENTA...



DÍA DA BIBLIOTECA: formación de usuarios e territorio das artes.

Para celebrar o Día da Biblioteca decidimos coñecela ben a fondo, así que os nosos axudantes estuveron moi atentos á visita guiada. Non quixeron  perder detalle!




Por outra banda aproveitamos para presentar o tema da biblioteca como territorio das artes cun mural interactivo na entrada, baseado na figura de CASTELAO ,artista a quen se lle adicou o
Día das Artes Galegas, neste ano 2016.




Queda xente sen resolvelo así que non podemos colgar as respostas.....animádevos!





viernes, 21 de octubre de 2016

MOUCHÁN PRESENTA

Un ano máis poderemos disfrutar de novos libros na nosa biblio!

Hoxe comezamos con estes 4, a ver que vos parecen!



martes, 18 de octubre de 2016

CONTRATOS DE AXUDANTES

Despois da entrega dos currículum vitae e as entrevistas persoais, asinamos os contratos para o curso 2016-2017

martes, 4 de octubre de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado martes, dende a biblioteca organizamos una Xornada de Portas Abertas dirixida ás familias, para que poidan coñecer as instalacións, o funcionamento e os proxectos que temos en marcha, así como unha mostra de actividades realizadas ao longo do curso 2015-16

Agracemos a vosa asistencia!!
 
Para os que non puideron asistir, aquí deixamos a presentación proxectada na xornada , así como uns recordatorios de normas a ter en conta por todos os usuarios