BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

miércoles, 27 de mayo de 2026

EXPOSICIÓNS DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Como sabedes, este ano continuamos o noso PDI de "Mouchiños e mouchiñas polo mundo" viaxando polo resto dos continentes.

En maio remataron as exposicións de cada grupo combinando exposicións, vídeos, obras de teatro, danza, gastronomía...

Nas fotos vemos algúns traballos e momentos do realizado en cada grupo:

- Educación Infantil: Oceanía.

- 1º ciclo: África.

- 2º ciclo: Asia.

- 3º ciclo: América.



















lunes, 18 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea á escritora viguesa Begoña Caamaño.

No centro abordouse a súa figura en cada aula poñendo en valor a súa labor en prol da lingua galega e da literatura.

No recanto da biblioteca tedes algúns libros para seguir profundizando.