BENVIDOS!!!
O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
viernes, 10 de abril de 2015
miércoles, 8 de abril de 2015
Boas novas !!!! INAUGURAMOS!!!
martes, 3 de marzo de 2015
Alumnado colaborador
Mouchán chega á nova biblioteca da man de Laura, que adicou o seu tempo e talento á creación da mascota.
Gracias Laura!
En breve solicitaremos a vosa axuda para rematar coa organización e poder abrir axiña.
Gracias Laura!
En breve solicitaremos a vosa axuda para rematar coa organización e poder abrir axiña.
miércoles, 11 de febrero de 2015
MOUCHÁN PREGUNTA...
Nas últimas semanas Mouchán pide axuda ós nenos e nenas. Precisa as vosas ideas para mellorar a nova biblioteca. As vosas aportacións son moi importantes así que non deixedes de contestar no seu buzón.
jueves, 5 de febrero de 2015
COMENZAMOS O TRASLADO!
Onte comenzamos a trasladar os libros para a nova biblioteca coa axuda de tódolos nenos do cole. Isto vai avanzando.
XA FALTA MENOS!
XA FALTA MENOS!
lunes, 12 de enero de 2015
A aventura das mochilas viaxeiras
Estade ben atentos, xa falta pouco para visitar a nova biblioteca de Mouchán. Mentres tanto, comeza a aventura das mochilas viaxeiras, no que se inclúe un caderno viaxeiro para que cada familia escriba reflexións sobre a actividade. É moi importante coidar ben os materiais para que todas as familias poidan gozar das súas historias. Comeza a andaina!
lunes, 24 de noviembre de 2014
DÍ SI A IGUALDADE!!!
Como a biblioteca está pechada e sabemos que tedes moitas ganas de contos, aquí vos deixamos unha nova maneira de desfrutalos
miércoles, 19 de noviembre de 2014
PECHADO POR REFORMAS
Como xa vos daríades conta, algo está pasando coa biblioteca de Mouchán. Queremos mellorala e para iso necesitamos un tempo.
jueves, 15 de mayo de 2014
"Penélope" de Xosé Díaz Castro
Curta realizado polos alumnos do IES As Braxa de Moaña do poema "Penélope" de Xosé María Díaz Castro. Espero que vos guste!!!
miércoles, 14 de mayo de 2014
Xosé María Díaz Castro
O CEIP A Ponte de Lugo proponnos unha serie de actividades para coñecer de maneira divertida a Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado das Letras Galegas 2014. Pasarédelo ben!!!!
Test sobre Díaz Castro: aquí poñeredes a proba os vosos coñecementos sobre a vida e obra de Díaz Castro.
Pasapregunta: rétanos a xogar para comprobar o que sabes sobre Díaz Castro para obter a máxima puntuación.
martes, 18 de marzo de 2014
Platero y yo
Este ano celébrase o centenario da publicaión de "Platero y yo" de Juan Ramón Jimémnez. Na biblioteca de Mouchán deixámosvos este vídeo realizado polos alumnos do CEIP Juan Ramón Jimenez de Marbella sobre Platero. Esperamos que vos guste!!!!
Contacontos
A semana pasada os alumnos de 6º léronlles contos os alumnos de 1º. Deixámosvos as fotos do contacontos.
lunes, 11 de noviembre de 2013
Día das bibliotecas
lunes, 29 de abril de 2013
lunes, 22 de abril de 2013
viernes, 8 de marzo de 2013
lunes, 4 de febrero de 2013
martes, 5 de junio de 2012
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O día 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Aproveitamos a ocasión para lembrar algunhas das accións coas que podemos colaborar para coidar un pouco máis o noso planeta.
No patio do colexio temos tres colectores para que poidamos reciclar o lixo, que NUNCA debemos tirar ó chan. Lembrades a qué corresponde cada cor? Imos ver:
Colector amarelo: Botellas de plástico, bricks de leite ou zume, envases de iogur, envases de xel de baño, xampú, lavavaixelas, etc., redes de envoltorios de foitas, bolsas finas, bandexas de porexpan.

Colector azul: Prensa e revistas, cadernos (sen anelas, grampas, etc.), papel de envolver, caixas de cartón, cartóns de ovos, acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón) e libros.

Colector verde: Orgánicos (restos de alimentos) e materiais non reciclables (cueiros, panos de mesa de papel, panos...)
Ademáis destes que temos no patios, existen outros para reciclar o vidro, o que lle chamamos"iglú", pola súa forma:

As pilas tampouco se deben tirar co resto do lixo son MOI CONTAMINANTES. Para elas hai colectores especiais que atopamos nalgunhas tendas, mesmo nas entradas dos supermercados (fixádevos a próxima vez)
E despois de toda esta información, que de seguro xa coñeciades e ides por en práctica, quedade con este video sobre a importancia de coidar o noso entorno.
Como tamén sabemos que vos encantan os xogos, aquí tedes un estupendo EDILIM para repasar:
(Coma sempre, agradecemos o traballo a Belén Junquera).
Ata pronto!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















