BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 29 de febrero de 2016

ACTIVIDADES NA BIBLIO DE MOUCHAN

Neste segundo trimestre puxéronse en marcha algunas actividades nas que todos participastes: mochilas viaxeiras, axudantes animadores, tarefas de organización e etiquetado de libros,... Tamén redecoramos a árbore de nadal para convertila nunha "árbore de entroido"e disfrazamos a Mouchán!
Comenzamos cunha exposición de obxectos realizados con papel. Algúns son realmente sorprendentes!
Preparamos una carteleira de novidades, onde aparecen as últimas adquisicións, celebramos o día de Rosalía... e aínda non rematou o trimestre!!!

viernes, 26 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA. "UN POEMA E UNHA FLOR"



 O día 24, para conmemorar o día do Rosalía realizamos o longo da mañá a actividade "Un poema e unha flor"
Fomos poetas, pois continuamos algún dos máis famosos versos de Rosalía.

Fomos artistas, cos nosos propios deseños das flores de papel.
E somos detallistas. Intercambiámolo cos compañeiros!

martes, 12 de enero de 2016

XA ESTAMOS NO SEGUNDO TRIMESTRE? O TEMPO VOA.......

E antes de comenzar con novas cousiñas imos facer un REPASO doutras:


BUZÓN

Aí me tendes, preparadiño para escoitarvos!

Este ano, coma sempre, quería saber das vosas preferencias, suxerencias, agradementos, queixas... para ser mellores, claro.


Estade atentos porque podo contestar


Que pasará.......?





ATOPA O INTRUSO

Non sei se lembrades o caso da repentina aparición de novos habitantes da biblio.

Andaban perdidos! Os nenos de 4º ,5º e 6º axudaron a atopalos. Moitas gracias!

Aparecer apareceron  pero o máis curioso e que todos tiñan algo en común. Qué misterio!

Houbo diversidade de opinións, pero mouchiños e mouchiñas andades moooi cerca de resolvelo caso


Os libros?A reciclaxe? O papel?






            

                  Van máis pistas..................................





        

                      

                       A T E N C I Ó N!!!!








NADAL


Como é costume, tódolos anos adornamos o colexio polo Nadal. A ver se notades algo que vos poida axudar a salir de dúbidas. 

                                                      






               xa o sabedes cal é o tema do noso proxecto?













ESTE ANO SEREMOS EXPERTOS NO MUNDO DO....................ADIVIÑA!!!



                                                     Cae dunha torre e non se lastima

                                                           cae en auga e faise fariña   

                                                                       Qué é?

                                                    
                                                                                                                         
                                                                                                                                    Seguímonos vendo!

                                                                                                                                                  Mouchán

martes, 10 de noviembre de 2015

PUNTO DE INTERCAMBIO

SABES COMO FUNCIONA?

Moi sinxelo!








Como vedes van cambiando casi cada día. Estade atentos!!!! 


SEGURO QUE CHEGA O QUE ESTÁS ESPERANDO.......

martes, 20 de octubre de 2015

Convocatoria de axudantes.Entrevistas.

Entregadas as solicitudes  de participación na convocatoria de axudantes da biblioteca, informamos de que a selección de persoal voluntario para o curso 2015-2016  comezará hoxe 20 de outubro de 2015.
Lembramos que o alumnado que se presente por primeira vez  deberá entregar debidamente cuberto o curriculum vitae.

Para calquera dúbida falar coas mestras Begoña ou Antía.

Último paso para ser un dos AXUDANTES DE MOUCHÁN!

Contamos contigo!!!

martes, 29 de septiembre de 2015

BENVID@S




Mouchán davos a benvida a un novo curso cheo de novidades!

Este curso 2015-2016  o noso cole pasa  a formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), o que se traduce nuns cartiños extra que nos van permitir renovar mobiliario, ordenadores, videos, DVDs e libros de lectura e consulta, así que esperamos as vosa suxerencias!

O vindeiro xoves, 1 de outubro abriremos ás 11.30. Xa tedes os carnets listos para poder levar en préstamo.

Esperámosvos

domingo, 5 de julio de 2015

BOAS VACACIÓNS

Desfrutade do verán e en setembro sumerxirémonos nun apaixoante mar .....






DE LIBROS!!!!






MATEMÁTICA DANZADA

Déixovos unha mostra do obradoiro de matemáticas que realizamos a final de curso, na biblioteca, coa profe de música.

Qué fácil e divertido é aprender!!!


FIN DE.... CANTO CONTO!

O alumnado de 4º remata a actividade cun teatro leído como si foran auténticos profesionais.
Mirade, mirade!!!





miércoles, 10 de junio de 2015

CANTO CONTO: a cebra Camila 5º

 Os alumnos de 5º representaron o conto "A cebra Camila", e por se fora pouco elaboraron un Kamishibai.Uniron esta técnica de narración oral coa dramatización conseguindo arrancar un gran aplauso entre o púbico asistente.Noraboa rapaces!!!





viernes, 22 de mayo de 2015

BRANCANEVES EN...CANTO CONTO!

Os alumnos de terceiro sorprendéronos cun conto clásico reinventado  e interpretado por eles...qué final, nada que ver co orixinal. Noraboa creadores e creadoras!! Canta imaxinación!



viernes, 8 de mayo de 2015

CANTO CONTO:A CASA DA NOSA MOSCA CHOSCA.

Hoxe foi o turno dos nenos e nenas de segundo, que fixeron a súa particulatr versión do coñecido conto: A casa da mosca chosca.



 Son uns artistas!!

jueves, 30 de abril de 2015

CANTO CONTO!

Hoxe foron os nen@s de primeiro os que nos sorprenderon cunhas adiviñas sobre os contos de Hans Christian Andersen. Fixérono moi ben!!!


jueves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe comenza na biblioteca a actividade "Canto conto". Os nenos de infantil interpretaron para todos, "A que sabe a lúa?", un dos seus contos favoritos.
Fixérono moi ben!!!




 
Imos ver que nos ofrecen os demáis cursos!!!

miércoles, 8 de abril de 2015

Boas novas !!!! INAUGURAMOS!!!

Nenos, nenas...... este venres haberá moitas sorpresas!!!!!Espérovos na biblioteca a partires das 11:00 da mañá!!! Que ganiñas!!!!!

martes, 3 de marzo de 2015

Alumnado colaborador

Mouchán chega á nova biblioteca da man de Laura, que adicou o seu tempo e talento á creación da mascota.
Gracias Laura!




En breve solicitaremos a vosa axuda para rematar coa organización e poder abrir axiña.