E como ben sabedes, desde a biblioteca de Mouchán, queremos curiosear o que ledes.
BENVIDOS!!!
O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
lunes, 19 de febrero de 2018
viernes, 16 de febrero de 2018
NOVIDADES. LER É UN PRACER.
E seguimos traendo novos libros a esta biblioteca,con cal te quedarías? Eu xa sei por onde comezar.....
jueves, 8 de febrero de 2018
NOVIDADES. BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN.
Se queres saber cousas sobre aves, arquitectura, carballos e eres superpreguntón esta é a túa semana.
Esperámoste na biblio de Mouchán (el sí que é curioso)
viernes, 2 de febrero de 2018
NOVIDADES. LECTURAS QUE EDUCAN EN VALORES II.
Despois de celebrar o día Paz da Paz, nunha convivencia, xunto aos outros centros de Vilanova de Arousa preséntovos:
Libros que fan pensar....
que amosan á bondade das persoas,o coidado do medio ambiente....
que mostran a importancia e a beleza de ser diferentes....
E para rematar unha peli que fala de emocións
Que sería senon a vida?
miércoles, 31 de enero de 2018
OS REIS NA CASA
Cantos libros trouxerons as vacacións.
Non sabería por cal empezar!
Gústanme todos.
Non sabería por cal empezar!
Gústanme todos.
Gracias por poñer a entrada da biblio tan apeteciblemente lectora!
viernes, 26 de enero de 2018
viernes, 19 de enero de 2018
VIÑERON OS REIS
Este ano ano estades facendo as cousas moi ben, por iso penso que os Reis Magos se acordaron de nós.
Que alegría!!! Cantos agasallos!!! Libros, xogos e filmes....
Que alegría!!! Cantos agasallos!!! Libros, xogos e filmes....
GUSTÁRONVOS? Os nenos de primeiro non puideron resistir a tentación, mirade que concentrados....
Por certo, nas vosas casas deixaron libros? Quería saber cales.
Pegades as portadas no mural da entrada da biblio??
Moitas gracias!
jueves, 21 de diciembre de 2017
BO NADAL
Mouchán despídese de todos vos recordando lugares da nosa contorna desexando unhas
FELICES FESTAS
En Xaneiro seguimos!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Dende a biblioteca de Mouchán apoiamos e agradecemos o traballo da coordinadora de dinamización da lingua galega do Morrazo, na súa labor de difusión da literatura galega infantil e xuvenil.
Recomendamos as propostas de lectura que figuran nestas guías para maiores e pequenos.
Nenos, nenas, familias! Estades a tempo de pedirlle aos Reis.....Bulide!!!
Pincha na imaxe para vela máis grande
Recomendamos as propostas de lectura que figuran nestas guías para maiores e pequenos.
Nenos, nenas, familias! Estades a tempo de pedirlle aos Reis.....Bulide!!!
Pincha na imaxe para vela máis grande
miércoles, 20 de diciembre de 2017
O PROXECTO AVANZA...Murais da flora da contorna!
Boas! Remata o trimestre co traballo ben feito.Tras o paseo polo Umia e coas follas das árbores na man había que recompilar información e poñerse a traballar. Este é o resultado....arte e botánica!
viernes, 15 de diciembre de 2017
ÚLTIMAS NOVIDADES DO TRIMESTRE
Atentos aos novos libros!!
Para os maiores,
para os pequenos,
para os poetas,
para os investigadores do noso proxecto...
para TODOS!
jueves, 14 de diciembre de 2017
lunes, 4 de diciembre de 2017
viernes, 1 de diciembre de 2017
lunes, 20 de noviembre de 2017
NOVIDADES.TREMOEDO POLA IGUALDADE
Con estas lecturas e distintos traballos nas aulas esperamos que o alumnado tome conciencia da importancia da igualdade na sociedade.Somos distintos, somos iguales!
miércoles, 8 de noviembre de 2017
jueves, 26 de octubre de 2017
lunes, 23 de octubre de 2017
24 de outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Coa conmemoración do día das bibliotecas presentamos o cartaz deste ano titulado:
Aprender a pensar coa biblioteca escolar.
Os pasaportes xa están dispoñibles
Aprender a pensar coa biblioteca escolar.
A verdade que non lle fata nada.
Xosé Tomás o ilustrador, fainos comprender o por qué dunha biblioteca
Por outra banda presentamos unha nova actividade:
pasaportes lectores
Como cando viaxas a outro país, cada vez que leas un libro deberás vir a biblioteca para poñerlle o selo ao teu pasaporte. Unha vez rematado obterás grandes ventaxas.
Os pasaportes xa están dispoñibles
Achégate mañá na hora do recreo!
lunes, 9 de octubre de 2017
PUNTO DE INTERCAMBIO
Un ano máis a biblioteca conta cun punto de intercambio, onde podesdes deixar os libros que xa non usedes para outros nen@s do cole.
A cambio poderedes coller un dos do baúl que será voso para sempre.
Se non atopas un que che guste....Espera! Darémosche un vale ata que atopes o que queres.
Hoxe, con Eloy, comezou a funcionar neste curso.
Grazas!
A cambio poderedes coller un dos do baúl que será voso para sempre.
Se non atopas un que che guste....Espera! Darémosche un vale ata que atopes o que queres.
Hoxe, con Eloy, comezou a funcionar neste curso.
Grazas!
viernes, 6 de octubre de 2017
MOUCHÁN SAE AO PATIO
Qué alegría volver a contar na miña casa con todos vos!!!
Tantas ganas tiña de vervos, que ata decidín sair ao patio.
Parece que non acaba o verán e quero aproveitalo ata o último segundo.
E tiven boa compañía. Mirade!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















