BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 9 de octubre de 2018

Mouchán acompáñanos no patio!


Durante a primeira semana de outubro Mouchán saiu da biblioteca e estivo con nós no patio. Foi paseando polas diferentes zonas de lecer moi cargadiño para presentarnos un montón de novidades.

Deste xeito, puidemos coñecer os libros que teremos nos andeis a partir dos vindeiros días cos que, de seguro, aprenderemos e pasaremos moi bos momentos.

lunes, 24 de septiembre de 2018

Estamos de volta!



Ola mouchiños e mouchiñas:
Benvidos ao novo curso!
En poucos días de novo teremos a biblioteca do cole aberta. Sabedes que tedes á vosa disposición os libros, revistas, xogos e películas que vos gustan e, ademais, estanvos agardando outras novidades.
Non esquezades esta data: 1 de outubro.

Ata pronto!
Saudiños,
Mouchán

jueves, 28 de junio de 2018

DESPEDIDAS.....


Este ano despedimos aos axudantes de 6º curso cunha mochila de Mouchán. Grazas pola vosa colaboración.
Desexámosvos unha boa experiencia no instituto!







E como todos sabedes a profe Antía comeza unha nova aventura noutro cole.

Non vos olvides de ler, cantar, bailar e soñar!



viernes, 15 de junio de 2018

PRÉSTAMO DE VERÁN

Hoxe traio boas novas!!!!


Este verán poderedes levar libros da biblio para as vosas casas, e así seguir disfrutando da lectura todo o ano.



BOAS VACACIÓNS!

jueves, 14 de junio de 2018

ÚLTIMAS NOVIDADES

Bo día!

Hoxe, a falta dunha semaniña de cole, chegan as últimas novidades do curso.

Ben que as merecedes !Este ano traballáchedes moito e ben.

Esperámosvos en setembro !


miércoles, 13 de junio de 2018

AUDIOCONTO


E aquí tendes a Ana coa súa creación. Un libro co que agasallou a biblioteca. 

 " O moucho do bosque e SG"

 Moitas grazas




Preme aquí para poder escoitalo.



martes, 12 de junio de 2018

NOVOS XOGOS DE MESA

Agora que xa imos rematando o  curso e temos todo o traballo feito, agradecemos o voso esforzo presentantando novos xogos para exercitar a nosa mente....as vacacións inda non chegaron!!





                                              Esperamos que vos gusten.

miércoles, 16 de mayo de 2018

NOVIDADES NAS NOSAS LETRAS!

Esperando que vos gusten deixamos na biblio novos libros en galego.
Non deixedes de usar o noso idioma para saudar, rir, soñar, querer,ler ou falar.






miércoles, 9 de mayo de 2018

SEMANA DO LIBRO: A TITIRITEIRA

A Titiriteira sorpréndenos con esta gran proposta escénica de grandes libros, que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible.


martes, 8 de mayo de 2018

viernes, 27 de abril de 2018

NOVIDADES

Achegádevos á biblioteca a curiosear os novos libros. Seguro que vos gustan!


viernes, 16 de marzo de 2018

viernes, 9 de marzo de 2018

NOVIDADES.BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN II

Ler e aprender sempre van unidos pero cando os libros nos traen información detallada sobre algún tema podémonos facer expertos! Vinde consultar as novidades de hoxe!



viernes, 2 de marzo de 2018

NOVIDADES. UNHA DE CÓMICS.

Lecturas en tódolos formatos.
Desfrutade dos novos cómics e das pelis que chegan esta biblio.
Bo fin de semana!



jueves, 1 de marzo de 2018

MARCADORES PARA ORDENAR

Recordamos que despois de personalizar os marcadores, xa podedes usalos. Qué bonitos quedaron...!

A idea é manter a biblio sempre ben ordenada para atopar canto antes os libros que queiramos, non si?


viernes, 23 de febrero de 2018