BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 5 de febrero de 2019

NEWS

A biblioteca incorpora máis novidades. Nesta ocasión, a meirande parte deles son en inglés para que continuedes practicando esta lingua dunha forma divertida.







martes, 29 de enero de 2019

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA!!






QUEN É QUEN?


Como xa vos adiantou Mouchán na última carta, temos un novo concurso no que tedes a posibilidade de participar.
Debedes fixarvos no expositor do proxecto que está á saída da biblioteca. Aí tedes as caricaturas de personaxes ilustres relacionados coas diferentes artes.
Teredes que investigar sobre cada personaxe, podendo utilizar os recursos da biblioteca (como libros, ordenadores, tablets…). No panel aparecen diferentes etiquetas co nome e a disciplina artística de cada un deles, pero será necesario ordealos.
Este reto consistirá en saber quen é cada un e a que se adica. Isto poderedes levalo a cabo coa axuda dos vosos titores e titoras ou vós sós durante as horas de biblioteca. O primeiro que sexa capaz de resolvelo, terá un  agasallo.
Pequenos e pequenas detectives da arte, a resolver o misterio!! Desfrutade moito!!



lunes, 28 de enero de 2019

ATENCIÓN! CERTAME DE RELATO CURTO Á VISTA

Informámosvos dunha actividade literaria moi interesante. Trátase dun certame de relato curto no que poderedes participar con textos ORIXINAIS escritos en GALEGO creados por vós.

Por suposto, teñen que cumprir uns requisitos en canto ao formato, os cales comentamos a continuación. A súa extensión é de entre 200 e 300 palabras escritas na fonte TIMES NEW ROMAN, TAMAÑO 12 e INTERLIÑADO 1,5.

Os DATOS que deben achegarse son os seguintes: con respecto á persoa participante, débese indicar un pseudónimo, nome e apelidos, curso, centro escolar, correo electrónico e teléfono; en canto ao relato, este debe incluír o título, o relato, o pseudónimo e a categoría. Para máis información sobre as bases podedes consultar na web certame.nontedurmas.org.


lunes, 21 de enero de 2019

NOUVEAUTES

Esta semana temos unhas novas adquisicións na biblioteca moi especiais. Trátase dunha colección de libros en francés aos que podedes chegar se seguides correctamente unhas pistas que atoparedes nos corredores. Por suposto, para iso, deberedes empregar todo o que sabedes desta lingua.

jueves, 17 de enero de 2019

NO MUSEO


O pasado día 19 de decembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou o Museo de Pontevedra para seguir documentándose para o noso proxecto “Innovarte”.
Alí, tiveron a oportunidade de realizar diferentes visitas dinamizadas que lles permitiron coñecer as diferentes pezas de arte, desenvolvendo así, a sensibilidade, o goce estético e a adquisición de valores culturais e sociais.
O alumnado de 3º e 4º asistiu á actividade “Detectives da arte”, onde realizaron un xogo de busca e observación onde os nenos e nenas, a partir dunha selección de artistas galegos, afondaron no valor da abstracción, da expresión a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da evolución dos xéneros e das técnicas.
O alumnado de 5º e 6º adentrouse no mundo da música, coa dinámica, “Música na arte”, a través dun percorrido con ficha didáctica no que a música e a súa representación plástica son o fío condutor. A partir dunha selección de obras pictóricas nas que partituras, instrumentos e intérpretes aparecen como protagonistas da composición, os nenos e nenas coñecerían aspectos básicos vinculados coa educación musical e coa pintura.





lunes, 14 de enero de 2019

NOVIDADES

Comeza o ano 2019 con novos libros na biblioteca para que sigades gozando coa lectura.
Estade atentos aos andeis!





jueves, 20 de diciembre de 2018

BO NADAL!

Ola rapaces e familias!
Aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras, para que as teñades en conta antes de escribir as vosas cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel.
Desde o Equipo de biblioteca os nosos desexos de
                          



BO NADAL E
FELICES LECTURAS


BIBLIOTECA CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ











miércoles, 19 de diciembre de 2018

PONSE EN MARCHA O NOSO PROXECTO


O Proxecto Documental Integrado deste curso, que leva por título “Innovarte”, xa comezou a súa andaina con actividades de motivación que foron realizadas polo alumnado de todos os niveis do noso cole.
Para ir enchendo o cole coa nosa arte estamos a decorar o muro exterior. Para iso, empregando a técnica do mosaico, formamos o nome do centro e algúns elementos decorativos. Foi unha actividade que nos encantou. Seguindo as orientacións do profesor Gerardo Rodríguez “Chere” e coa axuda dalgunhas familias que de forma voluntaria quixeron tamén colaborar, fomos enchendo de vida e de cor a entrada do cole. Agradecemos a todas estas persoas a súa colaboración. Temos aínda que rematar pero, polo momento, está quedando moi ben.
Antes de facer este mural, tivemos que practicar esta técnica nas clases con diferentes traballos sobre o papel. Podedes ver a continuación unha pequena mostra destes e de como vai a realización do traballo no muro nestes intres. 
Desexamos que vos guste. Noutra ocasión poderedes ver o resultado final.













lunes, 3 de diciembre de 2018

NOVAS NA BIBLIOTECA!!

ATENCIÓN NENOS E NENAS!
A biblioteca de Mouchán ten novos libros e películas.
Estade atentos!







martes, 30 de octubre de 2018

ATENCIÓN, ATENCIÓN, NOVIDADES!


Presentamos as novidades que a partir desta semana xa teredes na biblioteca. Nesta ocasión, ademáis de libros, tamén atoparedes algunhas películas.
Agardamos que vos gusten.






martes, 23 de octubre de 2018

ATENCIÓN MESTRES E FAMILIAS!


Esta semana presentamos, dentro das novidades, unhas lecturas para o profesorado e as familias. Con elas poderemos pasar momentos de lecer agradables e, posiblemente, extraer algunhas ideas para a nosa labor educativa dentro da escola ou do fogar.