BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 13 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Nestes días estivemos afondando na figura de Antonio Fraguas coñecendo moitos aspectos da súa vida e da súa labor. Para iso, traballamos na clase co profesorado e elaboramos un mural que podedes ver na imaxe.

Tamén recordamos tantas fermosas palabras da nosa lingua, moitas das cales non se usan con demasiada frecuencia, para poñelas en valor e que non queden no esquecemento. Podedes ver esta composición na imaxe do mural titulado "Palabras a esgalla".




A ver se atopas a túa palabra na nube:


martes, 7 de mayo de 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

       Estase a aproximar unha semana moi interesante!! Do día 13 ao 17 de maio, vai a ter lugar a Semana das Letras Galegas, que este ano está adicada ao escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo español de ideoloxía galeguista Antón Fráguas.

       Dende a biblioteca de Mouchán, para que podades coñecer un pouco máis a este escritor e a máis escritores aos que se adicou o Día das Letras Galegas en anos anteriores, temos no corredor un estante con libros dos Bolechas, nos que falan de cada un destes escritores. 

       Pasade a vela que está moi interesante e moi divertida!!.


DÍA DO LIBRO 2019

Ollade o vídeo da nosa celebración do Día do libro onde grandes e pequenos estivemos lendo ao aire libre. Os maiores puxemos moita ilusión preparando as lecturas mentres os cativos gozamos cos compañeiros que fixeron de contacontos.




martes, 23 de abril de 2019

jueves, 11 de abril de 2019

martes, 9 de abril de 2019

Sesión contacontos con Benxamín Míguez Novoa


           Onte luns, 8 de abril. puidemos contar coa presenza do contacontos Benxamín Míguez Novoa na nosa biblioteca. Os alumn@s que puideron escoitar as súas historias foron os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.
de Desfrutamos moito dos seus contos, onde cinco dos nosos compañeir@s foron os protagonistas. Teo, Ylenia, Iria, Flavia e Izan foron os elixidos para protagonizar os relatos que nos contou Benxamín. Falounos dun neno presumido, dun osiño que asustaba aos monstruos, dunha carreira de cabalos, de monstros que están debaixo da cama, ata dos nosos xoguetes. Aquí tedes unha pequena montaxe de vídeo, onde poderedes ver a xornada de contacontos.


E rematada a xornada, agora é o voso turno para seguir a encher de arte o noso cole.




NOVIDADES

Ollade que libros novos tan variados temos na nosa biblioteca!






lunes, 8 de abril de 2019

ESPECTACULAR OBRADOIRO DE CERÁMICA

Dentro das actividades relacionadas co Proxecto Documental Integrado "INNOVARTE" tivemos a sorte de facer un obradoiro coa ceramista Mar Barral.

Coa súa axuda, as súas explicacións e consellos fixemos as nosas propias obras de cerámica. Parécenos incrible que se podan facer coas mans estas cousas tan fermosas.

Practicamos diferentes técnicas e tivemos a ocasión de manexar o seu torno.

Foi unha experiencia preciosa, sorprendente e o único que podemos dicir é "MOITÍSIMAS GRACIAS, MAR".

No seguinte vídeo pódese ver como foi o proceso e o resultado das pezas de cerámica que confeccionamos.


martes, 2 de abril de 2019

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Hoxe celébrase o Día internacional da literatura infantil e xuvenil, co lema deste ano:
" Os libros inspiran pausa" 
Desfrutade do día con tódalas novidades que temos para vós na biblioteca de Mouchán!

lunes, 1 de abril de 2019

1 DE ABRIL- DÍA DAS ARTES GALEGAS

Resultado de imagen de luis seoane cartel 2019
 O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste ano2019, homenaxea a Luís Seoane


 Na alborada alá onde se xunta o río e o mar,
 eis as mariscadoras.
 Cos pés mollados e as mans frías,
 arremangadas as roupas,
 apañan o marisco sen demora:
 ameixas, berberechos, ostras 
 vieiras e navallas.
 As catro xuntiñas
 aturan o frío cantando
 vellas cancións mariñeiras,
 mentres agardan con saudade
 a chegada dos seus homes,
 de alén dos mares
Luís Seoane







No seguinte vídeo pódese ver o traballo que fixo todo o alumnado do colexio sobre unha escolma de tantos e tantos artistas galegos que temos.


martes, 26 de marzo de 2019

NOVIDADES

Estade atentos aos andeis da sección de novidades da nosa biblioteca porque están repletos de novas aventuras.







sábado, 23 de marzo de 2019

TALLER DE PINTURA COMESTIBLE

Como parte do proxecto  documental integrado deste curso, INNOVARTE, vimos de participar nun taller de "pintura comestible", dirixido por Gerardo Rodríguez, profesor de electrónica no IES Francisco Asorey de Cambados e un artista en toda regra, pois xa se encargou do deseño do muro exterior do cole, no que participamos todo o alumnado como actividade de inicio do proxecto.

Este taller parte da representación do conto de Elmer, un elefante de cores moi peculiar. Tódolos nenos e nenas de Educación infantil e primeiro e segundo de primaria participamos como personaxes da historia, os animais da selva...e algún outro infiltrado!







Como podedes imaxinar, a pintura non era real! Adiviñades con que a fixemos?

Moitísimas grazas a Gerardo pola súa colaboración completamente desinteresada.

martes, 12 de marzo de 2019

PUNTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS

Tes libros na casa que queres deixar voar para que outras persoas teñan a oportunidade de lelos? Queres botarlle unha ollada aos libros que outra xente deixou libres?
Pois visita o punto de intercambio que temos na entrada do cole onde profes ou familias "traen o que non usan ou levan o que precisan".




ATENCIÓN FAMILIAS E PROFES!!

Temos unhas novas na biblioteca que poden ser do voso interese.





lunes, 25 de febrero de 2019

lunes, 18 de febrero de 2019

NOVIDADES

Estade atentos aos andeis. Agárdanvos uns libros moi variados e incribles.





martes, 12 de febrero de 2019

NOVIDADES

A biblioteca incorpora propostas moi divertivas con libros que nos axudan a descubrir a historia, a grandes artistas incomprendidos no seu momento ou sobre ideas para ser máis felices.