O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
Rematamos o trimestre cun novo espazo na biblioteca de Mouchán.
Nesta ocasión é un recanto adicado ás familias.
Está situado na sala de usos múltiples e pouco a pouco irémolo enchendo de materiais interesantes para que poidades, tamén vos, desfrutar do placer da lectura.
Lembrades os dous libros que presentamos a semana pasada? "Cuando Ana adoptó a Perico" e "Imaginar animales imaginarios", Pois recibimos a visita no cole da súa ilustradora, Natalia Umpiérrez, que nos achegou a súa arte por medio de talleres de creación de animais imaxinarios.
Foi moooooi divertido!
A semana pasada, a nosa compañeira Rita visitou o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten lugar baixo o lema"O Mundo que queremos". Rita lembrouse de todos nós e trouxo un agasallo para o cole: Uns libros para a biblioteca e unha dedicatoria especial!