BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 14 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012. Valentín Paz Andrade




Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.
Naceu en Lérez, Pontevedra, o 23 de abril de 1898. O seu tío despertou nel a paixón polas letras e por Galicia.
En 1916 coñece a Castelao e convértese no seu amigo e admirador. Un ano destois marcha a Santiago de Compostela a estudiar Dereito. Alí colaborou no vespertino Gaceta de Galicia.
O seu primeiro caso foi "a causa dos tres rapaces". Foi asesor xurídico da Asociación de armadores "La Marítima". Mediou nun grave conflicto laboral cos traballadores.
No 1922 sae o primeiro número do xornal Galicia, do que será redactor xefe e logo director.
A liña editorial centrábase na defensa de Galicia e no estudo dos seus problemas.
Paz Andrade e os seus amigos constituíron diferentes asociacións, como a Asociación de Escritores Galegos para conseguir un futuro mellor para a nosa terra.
Polas súas ideas políticas ten problemas coas autoridades na Dictadura, e sufre a censura xornalística, multas, cárcere e desterro.
Nun deses desterros, en Pobra de Trives (Ourense), coñece a Pilar Rodríguez, con quen cassa en 1939. O matrimonio instalouse en Vigo e en 1940 nace o seu único fillo, que se chamará Alfonso en honor a Castelao.
O seu outro desterro foi a Extremadura, onde votaría en falta a súa terra.
Durante a Guerra Civil defende a varios intelectuais e galeguistas, e incluso axudou a outros a fuxir ao exilio.
Valentín Paz Andrade coñecía o mundo da pesca en profundidade. No 1960 colabora na fundación do Grupo Pescanovada que foi vicepresidente.
Foi un home polifacético e un loitador incansable con un único obxectivo, servir a Galicia.
Algunhas das súas obras son "Sementeira do verbo", "Castelao na luz e na sombra" e "Cen chaves de sombra".
Faleceu en Vigo en 1987 e foi enterrado no seu pobo natal ós 88 anos de idade.

Agora, vexamos o que aprendíchedes:
Pasapalabra Valentín Paz Andrade (click aquí)
Edilim (click aquí)
Que tal saíu? Seguro que xa sodes todos uns expertos!

3 comentarios:

  1. Marta Santamaria 6ºlunes, mayo 14, 2012

    Este texto e moi interesante!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. si e moi interesante

      Eliminar
  2. Que día máis bonito!

    ResponderEliminar

Os comentarios deberán ser respetuosos e(mensaxe para o alumnado!)ter en conta a corrección ortográfica e a expresión. Se tedes dúbidas pedide axuda, no cole, na casa ou empregade o diccionario. Será un bo sistema para ir mellorando a expresión escrita.