Estade ben atentos, xa falta pouco para visitar a nova biblioteca de Mouchán. Mentres tanto, comeza a aventura das mochilas viaxeiras, no que se inclúe un caderno viaxeiro para que cada familia escriba reflexións sobre a actividade. É moi importante coidar ben os materiais para que todas as familias poidan gozar das súas historias. Comeza a andaina!
BENVIDOS!!!
O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
lunes, 12 de enero de 2015
lunes, 24 de noviembre de 2014
DÍ SI A IGUALDADE!!!
Como a biblioteca está pechada e sabemos que tedes moitas ganas de contos, aquí vos deixamos unha nova maneira de desfrutalos
miércoles, 19 de noviembre de 2014
PECHADO POR REFORMAS
Como xa vos daríades conta, algo está pasando coa biblioteca de Mouchán. Queremos mellorala e para iso necesitamos un tempo.
jueves, 15 de mayo de 2014
"Penélope" de Xosé Díaz Castro
Curta realizado polos alumnos do IES As Braxa de Moaña do poema "Penélope" de Xosé María Díaz Castro. Espero que vos guste!!!
miércoles, 14 de mayo de 2014
Xosé María Díaz Castro
O CEIP A Ponte de Lugo proponnos unha serie de actividades para coñecer de maneira divertida a Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado das Letras Galegas 2014. Pasarédelo ben!!!!
Test sobre Díaz Castro: aquí poñeredes a proba os vosos coñecementos sobre a vida e obra de Díaz Castro.
Pasapregunta: rétanos a xogar para comprobar o que sabes sobre Díaz Castro para obter a máxima puntuación.
martes, 18 de marzo de 2014
Platero y yo
Este ano celébrase o centenario da publicaión de "Platero y yo" de Juan Ramón Jimémnez. Na biblioteca de Mouchán deixámosvos este vídeo realizado polos alumnos do CEIP Juan Ramón Jimenez de Marbella sobre Platero. Esperamos que vos guste!!!!
Contacontos
A semana pasada os alumnos de 6º léronlles contos os alumnos de 1º. Deixámosvos as fotos do contacontos.
lunes, 11 de noviembre de 2013
Día das bibliotecas
lunes, 29 de abril de 2013
lunes, 22 de abril de 2013
viernes, 8 de marzo de 2013
lunes, 4 de febrero de 2013
martes, 5 de junio de 2012
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O día 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Aproveitamos a ocasión para lembrar algunhas das accións coas que podemos colaborar para coidar un pouco máis o noso planeta.
No patio do colexio temos tres colectores para que poidamos reciclar o lixo, que NUNCA debemos tirar ó chan. Lembrades a qué corresponde cada cor? Imos ver:
Colector amarelo: Botellas de plástico, bricks de leite ou zume, envases de iogur, envases de xel de baño, xampú, lavavaixelas, etc., redes de envoltorios de foitas, bolsas finas, bandexas de porexpan.

Colector azul: Prensa e revistas, cadernos (sen anelas, grampas, etc.), papel de envolver, caixas de cartón, cartóns de ovos, acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón) e libros.

Colector verde: Orgánicos (restos de alimentos) e materiais non reciclables (cueiros, panos de mesa de papel, panos...)
Ademáis destes que temos no patios, existen outros para reciclar o vidro, o que lle chamamos"iglú", pola súa forma:

As pilas tampouco se deben tirar co resto do lixo son MOI CONTAMINANTES. Para elas hai colectores especiais que atopamos nalgunhas tendas, mesmo nas entradas dos supermercados (fixádevos a próxima vez)
E despois de toda esta información, que de seguro xa coñeciades e ides por en práctica, quedade con este video sobre a importancia de coidar o noso entorno.
Como tamén sabemos que vos encantan os xogos, aquí tedes un estupendo EDILIM para repasar:
(Coma sempre, agradecemos o traballo a Belén Junquera).
Ata pronto!
sábado, 26 de mayo de 2012
"A vella Lulula"
Os mestres e mestras do CEIP A Lama, coa colaboración do alumnado de infantil e primaria, realizaron esta magnífica curtametraxe de animación, baseada no conto "A vella Lulula". Parece incríble, pero todo foi feito por eles. Co seu permiso, ímolo compartir con todos vós. Que o desfrutedes!
lunes, 14 de mayo de 2012
Letras Galegas 2012. Valentín Paz Andrade

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.
Naceu en Lérez, Pontevedra, o 23 de abril de 1898. O seu tío despertou nel a paixón polas letras e por Galicia.
En 1916 coñece a Castelao e convértese no seu amigo e admirador. Un ano destois marcha a Santiago de Compostela a estudiar Dereito. Alí colaborou no vespertino Gaceta de Galicia.
O seu primeiro caso foi "a causa dos tres rapaces". Foi asesor xurídico da Asociación de armadores "La Marítima". Mediou nun grave conflicto laboral cos traballadores.
No 1922 sae o primeiro número do xornal Galicia, do que será redactor xefe e logo director.
A liña editorial centrábase na defensa de Galicia e no estudo dos seus problemas.
Paz Andrade e os seus amigos constituíron diferentes asociacións, como a Asociación de Escritores Galegos para conseguir un futuro mellor para a nosa terra.
Polas súas ideas políticas ten problemas coas autoridades na Dictadura, e sufre a censura xornalística, multas, cárcere e desterro.
Nun deses desterros, en Pobra de Trives (Ourense), coñece a Pilar Rodríguez, con quen cassa en 1939. O matrimonio instalouse en Vigo e en 1940 nace o seu único fillo, que se chamará Alfonso en honor a Castelao.
O seu outro desterro foi a Extremadura, onde votaría en falta a súa terra.
Durante a Guerra Civil defende a varios intelectuais e galeguistas, e incluso axudou a outros a fuxir ao exilio.
Valentín Paz Andrade coñecía o mundo da pesca en profundidade. No 1960 colabora na fundación do Grupo Pescanovada que foi vicepresidente.
Foi un home polifacético e un loitador incansable con un único obxectivo, servir a Galicia.
Algunhas das súas obras son "Sementeira do verbo", "Castelao na luz e na sombra" e "Cen chaves de sombra".
Faleceu en Vigo en 1987 e foi enterrado no seu pobo natal ós 88 anos de idade.
Agora, vexamos o que aprendíchedes:
Pasapalabra Valentín Paz Andrade (click aquí)
Edilim (click aquí)
Que tal saíu? Seguro que xa sodes todos uns expertos!
lunes, 7 de mayo de 2012
O prometido...
Aínda que xa choveu (e bastante) dende a celebración do día da muller traballadora, por fin aquí tedes a presentación prometida con todas as vosas aportacións. Noraboa! A ver se a próxima vez se anima alguén máis a participar nas actividades que vos propoñemos dende os blogs.
sábado, 21 de abril de 2012
AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Ola mouchiñ@s!!! Este Venres comezaron a súa viaxe 3 mochilas para os alumn@s de 6º e as súas familias, cheas de lecturas en galego,castelán e inglés, cómics, audiocontos, CD roms,libros de historia,ciencias,biografías de pintores e personaxes célebres,revistas para pais e nenos,artigos interesantes para as familias, un conto viaxeiro que se irá creando nas casas, actividades de lecer para fomentar a imaxinación, a creatividade e a resolución de enigmas e un caderno no que cada familia poderá escribir e debuxar sobre o lido, contar o que máis e menos lles gustou, que notan en falta....En fin, moitas lecturas,aventuras e actividades para desfrutar na casa na compaña dos pais,irmáns e outros familiares que tamén serán partícipes destas lecturas viaxeiras!!!!! Espero que desfrutedes moito!!!!! Ei!, nos vos esquezades de contarnos cousiñas no blog para compartir cos demais e aprender todos.Para a semana máis!!! MOUCHÁN
VELAQUÍ AS MOCHILAS, POIS SÍ QUE VAN CARGADIÑOS OS MOUCHIÑ@S LECTORES DESTE COLE!!!!
ACTIVIDADES CREATIVAS: Qué aparecerá/desaparecerá deste sombreiro?
A quén ou qué ollará este homiño?
Quén ou qué sairá nesta foto?
As mochilas estarán con cada familia de Venres a Xoves, e nesta primeira semana os "mochileiros viaxeiros" son LIDIA, JUAN CARLOS e MANUEL
jueves, 22 de marzo de 2012
21 de marzo "Dia mundial da poesía"

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o "Día Mundial da Poesía".
A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París en 1999.
O principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.
Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar á poesía e á tradición oral dos recitais, promover a súa ensinanza, apoiar aos pequenos editores e crear unha imaxen atractiva da poesía nos medios de comunicación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















