BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

miércoles, 29 de enero de 2020

Pautas de crianza

Onte á tarde tivemos a sorte de contar no noso centro con Carmen Loureiro, gran educadora e comunicadora. Desfrutamos un montón do seu faladoiro sobre pautas de crianza no que fixo fincapé na importancia de formar nenos e nenas autónomas desde as idades máis temperás, satisfacer as necesidades dos nosos fillos atopando un equilibrio ou punto intermedio sen caer no exceso nin no defecto, establecer límites claros, afrontar os problemas deixándoos repousar para que os implicados os aborden con máis tranquilidade así como "botar unha cantidade de suavizante" ás nosas palabras cando nos comunicamos. Moitas gracias, Carmen, por compartir con nós a túa dilatada experiencia.




viernes, 24 de enero de 2020

ATENCIÓN! ATENCIÓN! Saímos en prensa!

Esta semana tivemos a sorte de contar no noso centro con membros do Faro da Escola que nos explicaron aspectos esenciais para facer o noso periódico.
Aprendemos un montón de cousas: que a redacción dunha noticia debe respostar ás 5W (facendo referencia á primeira letra coa que se escriben en inglés os pronomes interrogativos "que?, quen?, cando?, onde? e por que?"; os xéneros ou tipos de textos que podemos facer como noticias, reportaxes, entrevisas, artigos de opinión...; as seccións do xornal; e, consellos para seleccionar as fotografías.

Así, estamos desexando comezar a elaborar o noso propio periódico.

Deixámosvos o enlace da noticia na que saimos en Faroeduca.

https://www.faroeduca.es/actualidad/tremoedo-faro-da-escola.html





jueves, 23 de enero de 2020

O recuncho da biblioteca

Xa está listo o recuncho da nosa biblioteca no que podes coñecer estes libros sobre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz que conmemoraremos o vindeiro 30 de xaneiro. Colle un libro, senta no noso sofá e desfruta do teu momento de lecer. 


UNBOXING ALICE, TEATRO EN INGLÉS

Todos coñecedes o clásico da literatura infantil universal," Alicia no pais das Maravillas". Pois mañá venres, 24 de xaneiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º poderedes desfrutar dunha nova e disparatada versión desta obra, en inglés.
Estade moi atentos, porque nada é o que parece...


“Unboxing Alice”, unha versión en inglés para escolares, do clásico de Lewis Carroll:  “Alice in Wonderland”, no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra.

lunes, 13 de enero de 2020

AGASALLOS DO NADAL

As Súas Maxestades de Oriente tamén pasaron pola casiña de Mouchán para deixar todos estes agasallos. Novos xogos e unha colección de libros para compartir con vós.