BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

jueves, 19 de diciembre de 2019

BO NADAL

No Nadal regala un libro!
Aquí vos deixo algunhas recomendacións de lectura para desfrutar durante estas vacacións.





viernes, 13 de diciembre de 2019

NOVIDADES

 Achégate á natureza da man deste novo personaxe que apareceu pola nosa biblioteca:Naturizo. Verás como vas aprender a través das súas divertidas historias.

jueves, 14 de noviembre de 2019

NOVIDADES

Aquí temos as novidades da semana que inclúen algunhas das vosas peticións. Desfrutádeas!





lunes, 21 de octubre de 2019

O alumnado de 1º nas ondas

O alumnado de 1º foi á nosa radio! Alba, Martín, David e Pepe falaron dos libros que máis lle gustan e aproveitaron o feito de estar no aire en Radio Chans para pedirlle a Mouchán máis libros que lles gustaría ter na biblioteca. É a primeira vez que falaban diante dos micros e fixérono xenial.

Escoitade, escoitade! https://www.ivoox.com/lecturas-alumnado-1-audios-mp3_rf_43306856_1.html


viernes, 18 de octubre de 2019

APERTURA DA BIBLIOTECA

Cando este mes abriron as portas da biblioteca de Mouchán, durante a primeira semana sucederon cousas especiais: houbo sorpresas, recordamos o funcionamento da biblioteca...
No seguinte vídeo podedes ver algúns destes momentos.



lunes, 14 de octubre de 2019

NOVO PROXECTO



Este curso comezamos un novo proxecto que leva por título: "Os medios de comunicación: RADIO CHANS".
Con el, teremos a oportunidade de aprender máis sobre cada un dos medios de comunicación que se empregan na actualidade ou, pola contra, de coñecer outros que foron moi usados no pasado e que agora non o son tanto. Veremos que elementos emprega cada medio para poder transmitir información. Do mesmo xeito, sorprenderémonos ao ver a evolución e o cambio de sufriron outros medios ao longo da historia desde os enormes ordenadores ou teléfonos ata os que coñecemos hoxe en día.

Por suposto, estaremos nas ondas e poderedes escoitarnos se conectades con Radio Chans (na app de ivoox). Será unha canle moi usada polos mouchiños e mouchiñas para comunicarvos o que acontece no cole, as nosas inquedanzas, as conclusións das nosas investigacións...

Estade atentos! Temos moito que contar!

viernes, 11 de octubre de 2019

NOVAS, NOVAS: RADIO NA BIBLIO!



Temos unha noticia moi importante que contar. O noso centro foi seleccionado para incorporarse ao proxecto "Radio na biblio". Así, promoveremos o emprego da radio dentro do contexto da nosa biblioteca escolar. Os nosos mouchiños e mouchiñas ampliarán as súas competencias en relación á mellora da expresión oral, o traballo colaborativo, a investigación e o manexo de información.

Trátase dunha moi boa nova pola cal estamos moi ledos no cole.
Estaremos moi atentos ao que nos contan os nosos mouchiños nas ondas a través de RADIO CHANS.



viernes, 4 de octubre de 2019

PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO DO CURSO 2019-2020

Desde as ondas, o CEIP Plurilingüe San Bartolomé dá a benvida ao novo curso 2019-2020. Nesta ocasión, un pequeno grupo de nenos e nenas de diferentes cursos nos contan como viviron os primeiros días nas aulas.

Podes escoitalos premendo na seguinte ligazón:
https://www.ivoox.com/benvida-ao-curso-2019-2020-audios-mp3_rf_42317460_1.html

Non esquezades escoitar os nosos programas en "ivoox" (a través da web ou descargando a app no móbil) e buscando "Radio Chans".


lunes, 30 de septiembre de 2019

PRIMEIRAS NOVIDADES DO CURSO 2019-2020






ATENCIÓN! NOVOS VOLUNTARIOS!

Informamos de que o proceso de selección dos novos voluntarios da biblioteca xa finalizou. Tivéronse en conta os méritos alegados no seu currículo e unha entrevista persoal. Xa teñen o seu contrato firmado.
Dámoslles a benvida e agradecemos de antemán o traballo que van realizar como axudantes!





lunes, 23 de septiembre de 2019

BENVIDOS MOUCHIÑOS E MOUCHIÑAS!!!

Comezamos un novo curso e, desde a biblioteca, estamos cos últimos preparativos para abrir as portas. O día tan esperado será o 1 de outubro.
Nestes días estamos coa selección dos novos voluntarios da biblioteca (aos cales estamos a piques de coñecer), a súa formación e a preparación dalgunha sorpresiña.

Vémonos dentro de moi pouquiño!!!
Un saudiño,
Mouchán


miércoles, 26 de junio de 2019

ESTAMOS DE NOVO NAS ONDAS!

Temos un novo programa de radio na nosa canle pero desta vez en inglés. Estade ben atentos porque un grupo de nenos e nenas de 3º, xunto con Haylee, vannos falar sobre comida neste programa titulado "food".

Premede no seguinte enlace:
https://www.ivoox.com/ingles-3-educacion-primaria-audios-mp3_rf_37622790_1.html





lunes, 24 de junio de 2019

jueves, 13 de junio de 2019

PRESENTACIÓN FINAL DO PROXECTO "INNOVARTE"

No seguinte vídeo podedes ver algunhas imaxes das presentacións do noso Proxecto Documental Integrado titulado "Innovarte"e saber como se traballou desde cada curso.

Puidemos aprender e desfrutar moito das diferentes artes ao longo deste curso.
Agardamos que vos guste!


miércoles, 12 de junio de 2019

O ALUMNADO DE 3º RECOMENDA...

Chegamos a final de curso e, como no verán teremos máis tempo, estes nenos e nenas de 3º curso gravaron un programa de radio recomendándonos uns libros que lles gustaron moito.
Premede no seguinte enlace para escoitalos.

martes, 4 de junio de 2019

50 ANIVERSARIO NO CENTRO!

Deixámosvos un vídeo no que podedes ver un resumo en imaxes dos mellores momentos deste emotivo día.





RADIO CHANS, NAS ONDAS

Temos boas novas dende a radio escolar: xa podedes escoitar os primeiros programas dende os vosos móbiles.
Só tedes que descargar a app ivoox e subscribirvos para poder comezar a empregala.

En breve tamén poderedes atopar os enlaces neste blog da biblioteca



martes, 21 de mayo de 2019

SEGUIMOS CON MÁIS NOVIDADES

Estamos moi ledos por ter a nosa biblioteca en continuo movemento, no sentido de contar sempre con algún novo libro co que pasar un bo rato de lectura. Aquí tedes as últimas adquisicións.