BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 10 de noviembre de 2015

PUNTO DE INTERCAMBIO

SABES COMO FUNCIONA?

Moi sinxelo!








Como vedes van cambiando casi cada día. Estade atentos!!!! 


SEGURO QUE CHEGA O QUE ESTÁS ESPERANDO.......

martes, 20 de octubre de 2015

Convocatoria de axudantes.Entrevistas.

Entregadas as solicitudes  de participación na convocatoria de axudantes da biblioteca, informamos de que a selección de persoal voluntario para o curso 2015-2016  comezará hoxe 20 de outubro de 2015.
Lembramos que o alumnado que se presente por primeira vez  deberá entregar debidamente cuberto o curriculum vitae.

Para calquera dúbida falar coas mestras Begoña ou Antía.

Último paso para ser un dos AXUDANTES DE MOUCHÁN!

Contamos contigo!!!

martes, 29 de septiembre de 2015

BENVID@S




Mouchán davos a benvida a un novo curso cheo de novidades!

Este curso 2015-2016  o noso cole pasa  a formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), o que se traduce nuns cartiños extra que nos van permitir renovar mobiliario, ordenadores, videos, DVDs e libros de lectura e consulta, así que esperamos as vosa suxerencias!

O vindeiro xoves, 1 de outubro abriremos ás 11.30. Xa tedes os carnets listos para poder levar en préstamo.

Esperámosvos

domingo, 5 de julio de 2015

BOAS VACACIÓNS

Desfrutade do verán e en setembro sumerxirémonos nun apaixoante mar .....






DE LIBROS!!!!






MATEMÁTICA DANZADA

Déixovos unha mostra do obradoiro de matemáticas que realizamos a final de curso, na biblioteca, coa profe de música.

Qué fácil e divertido é aprender!!!


FIN DE.... CANTO CONTO!

O alumnado de 4º remata a actividade cun teatro leído como si foran auténticos profesionais.
Mirade, mirade!!!





miércoles, 10 de junio de 2015

CANTO CONTO: a cebra Camila 5º

 Os alumnos de 5º representaron o conto "A cebra Camila", e por se fora pouco elaboraron un Kamishibai.Uniron esta técnica de narración oral coa dramatización conseguindo arrancar un gran aplauso entre o púbico asistente.Noraboa rapaces!!!





viernes, 22 de mayo de 2015

BRANCANEVES EN...CANTO CONTO!

Os alumnos de terceiro sorprendéronos cun conto clásico reinventado  e interpretado por eles...qué final, nada que ver co orixinal. Noraboa creadores e creadoras!! Canta imaxinación!



viernes, 8 de mayo de 2015

CANTO CONTO:A CASA DA NOSA MOSCA CHOSCA.

Hoxe foi o turno dos nenos e nenas de segundo, que fixeron a súa particulatr versión do coñecido conto: A casa da mosca chosca.



 Son uns artistas!!

jueves, 30 de abril de 2015

CANTO CONTO!

Hoxe foron os nen@s de primeiro os que nos sorprenderon cunhas adiviñas sobre os contos de Hans Christian Andersen. Fixérono moi ben!!!


jueves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe comenza na biblioteca a actividade "Canto conto". Os nenos de infantil interpretaron para todos, "A que sabe a lúa?", un dos seus contos favoritos.
Fixérono moi ben!!!




 
Imos ver que nos ofrecen os demáis cursos!!!

miércoles, 8 de abril de 2015

Boas novas !!!! INAUGURAMOS!!!

Nenos, nenas...... este venres haberá moitas sorpresas!!!!!Espérovos na biblioteca a partires das 11:00 da mañá!!! Que ganiñas!!!!!

martes, 3 de marzo de 2015

Alumnado colaborador

Mouchán chega á nova biblioteca da man de Laura, que adicou o seu tempo e talento á creación da mascota.
Gracias Laura!




En breve solicitaremos a vosa axuda para rematar coa organización e poder abrir axiña.

miércoles, 11 de febrero de 2015

MOUCHÁN PREGUNTA...

Nas últimas semanas Mouchán pide axuda ós nenos e nenas. Precisa as vosas  ideas para mellorar a nova biblioteca. As vosas aportacións son moi importantes así que non deixedes de contestar no seu buzón.


jueves, 5 de febrero de 2015

COMENZAMOS O TRASLADO!

Onte comenzamos a trasladar os libros para a nova biblioteca coa axuda de tódolos nenos do cole. Isto vai avanzando.
XA FALTA MENOS!






lunes, 12 de enero de 2015

A aventura das mochilas viaxeiras

Estade ben atentos, xa falta pouco para visitar a nova biblioteca de Mouchán. Mentres tanto, comeza a aventura das mochilas viaxeiras, no que se inclúe un caderno viaxeiro para que cada familia escriba reflexións sobre a actividade. É moi importante coidar ben os materiais para que todas as familias poidan gozar das súas historias. Comeza a andaina!