O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
Ola rapaces e familias!
Aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras, para que as teñades en conta antes de escribir as vosas cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel.
Desde o Equipo de biblioteca os nosos desexos de
BO NADAL E FELICES LECTURAS BIBLIOTECA CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ
O Proxecto Documental Integrado deste curso,
que leva por título “Innovarte”, xa comezou a súa andaina con actividades de
motivación que foron realizadas polo alumnado de todos os niveis do noso cole.
Para ir enchendo o cole coa nosa arte estamos
a decorar o muro exterior. Para iso, empregando a técnica do mosaico, formamos o
nome do centro e algúns elementos decorativos. Foi unha actividade que
nos encantou. Seguindo as orientacións do profesor Gerardo Rodríguez “Chere” e
coa axuda dalgunhas familias que de forma voluntaria quixeron tamén colaborar,
fomos enchendo de vida e de cor a entrada do cole. Agradecemos a todas estas
persoas a súa colaboración. Temos aínda que rematar pero, polo momento, está
quedando moi ben.
Antes de facer este mural, tivemos que
practicar esta técnica nas clases con diferentes traballos sobre o papel.
Podedes ver a continuación unha pequena mostra destes e de como vai a
realización do traballo no muro nestes intres.
Desexamos que vos guste. Noutra ocasión
poderedes ver o resultado final.