O día 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Aproveitamos a ocasión para lembrar algunhas das accións coas que podemos colaborar para coidar un pouco máis o noso planeta.
No patio do colexio temos tres colectores para que poidamos reciclar o lixo, que NUNCA debemos tirar ó chan. Lembrades a qué corresponde cada cor? Imos ver:
Colector amarelo: Botellas de plástico, bricks de leite ou zume, envases de iogur, envases de xel de baño, xampú, lavavaixelas, etc., redes de envoltorios de foitas, bolsas finas, bandexas de porexpan.
![](http://3.bp.blogspot.com/-EGIiDdBYGw4/T84mEJSWCBI/AAAAAAAAAgs/1Bp7rRtgb68/s320/contenedor%2Bamarillo.jpg)
Colector azul: Prensa e revistas, cadernos (sen anelas, grampas, etc.), papel de envolver, caixas de cartón, cartóns de ovos, acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón) e libros.
![](http://4.bp.blogspot.com/-X0WEx3kn_KE/T84liFmzdwI/AAAAAAAAAgU/yUNSpf1RaEA/s320/Cart%25C3%25BAnez.jpg)
Colector verde: Orgánicos (restos de alimentos) e materiais non reciclables (cueiros, panos de mesa de papel, panos...)
Ademáis destes que temos no patios, existen outros para reciclar o vidro, o que lle chamamos"iglú", pola súa forma:
![](http://4.bp.blogspot.com/-WtE9kgoE6Mo/T84o6HoPA3I/AAAAAAAAAhc/_WRUU66P4Ps/s320/contenverde1%255D.jpg)
As pilas tampouco se deben tirar co resto do lixo son MOI CONTAMINANTES. Para elas hai colectores especiais que atopamos nalgunhas tendas, mesmo nas entradas dos supermercados (fixádevos a próxima vez)
E despois de toda esta información, que de seguro xa coñeciades e ides por en práctica, quedade con este video sobre a importancia de coidar o noso entorno.
Como tamén sabemos que vos encantan os xogos, aquí tedes un estupendo EDILIM para repasar:
(Coma sempre, agradecemos o traballo a Belén Junquera).
Ata pronto!