O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
A semana pasada, a nosa compañeira Rita visitou o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten lugar baixo o lema"O Mundo que queremos". Rita lembrouse de todos nós e trouxo un agasallo para o cole: Uns libros para a biblioteca e unha dedicatoria especial!