BENVIDOS!!!
O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
lunes, 29 de abril de 2019
martes, 23 de abril de 2019
jueves, 11 de abril de 2019
RADIO CHANS
Despois de revisar as suxerencias que deixastes moitos de vós no buzón de Mouchán, xa temos nome para a nosa radio. En breve haberá novas!
martes, 9 de abril de 2019
Sesión contacontos con Benxamín Míguez Novoa
Onte luns, 8 de abril. puidemos contar coa presenza do contacontos Benxamín Míguez Novoa na nosa biblioteca. Os alumn@s que puideron escoitar as súas historias foron os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.
de Desfrutamos moito dos seus contos, onde cinco dos nosos compañeir@s
foron os protagonistas. Teo, Ylenia, Iria, Flavia e Izan foron os elixidos para
protagonizar os relatos que nos contou Benxamín. Falounos dun neno presumido,
dun osiño que asustaba aos monstruos, dunha carreira de cabalos, de monstros
que están debaixo da cama, ata dos nosos xoguetes. Aquí tedes unha pequena
montaxe de vídeo, onde poderedes ver a xornada de contacontos.
lunes, 8 de abril de 2019
ESPECTACULAR OBRADOIRO DE CERÁMICA
Dentro das actividades relacionadas co Proxecto Documental Integrado "INNOVARTE" tivemos a sorte de facer un obradoiro coa ceramista Mar Barral.
Coa súa axuda, as súas explicacións e consellos fixemos as nosas propias obras de cerámica. Parécenos incrible que se podan facer coas mans estas cousas tan fermosas.
Practicamos diferentes técnicas e tivemos a ocasión de manexar o seu torno.
Foi unha experiencia preciosa, sorprendente e o único que podemos dicir é "MOITÍSIMAS GRACIAS, MAR".
No seguinte vídeo pódese ver como foi o proceso e o resultado das pezas de cerámica que confeccionamos.
Coa súa axuda, as súas explicacións e consellos fixemos as nosas propias obras de cerámica. Parécenos incrible que se podan facer coas mans estas cousas tan fermosas.
Practicamos diferentes técnicas e tivemos a ocasión de manexar o seu torno.
Foi unha experiencia preciosa, sorprendente e o único que podemos dicir é "MOITÍSIMAS GRACIAS, MAR".
No seguinte vídeo pódese ver como foi o proceso e o resultado das pezas de cerámica que confeccionamos.
martes, 2 de abril de 2019
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Hoxe celébrase o Día internacional da literatura infantil e xuvenil, co lema deste ano:
" Os libros inspiran pausa"
Desfrutade do día con tódalas novidades que temos para vós na biblioteca de Mouchán!
lunes, 1 de abril de 2019
1 DE ABRIL- DÍA DAS ARTES GALEGAS

O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste ano2019, homenaxea a Luís Seoane.
No seguinte vídeo pódese ver o traballo que fixo todo o alumnado do colexio sobre unha escolma de tantos e tantos artistas galegos que temos.
Na alborada
alá onde se xunta o río e o mar,
eis as mariscadoras.
Cos pés mollados e as mans frías,
arremangadas as roupas,
apañan o marisco sen demora:
ameixas, berberechos, ostras
vieiras e navallas.
As catro xuntiñas
aturan o frío cantando
vellas cancións mariñeiras,
mentres agardan con saudade
a chegada dos seus homes,
de alén dos mares
Luís SeoaneNo seguinte vídeo pódese ver o traballo que fixo todo o alumnado do colexio sobre unha escolma de tantos e tantos artistas galegos que temos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)