BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

sábado, 21 de abril de 2012

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola mouchiñ@s!!! Este Venres comezaron a súa viaxe 3 mochilas para os alumn@s de 6º e as súas familias, cheas de lecturas en galego,castelán e inglés, cómics, audiocontos, CD roms,libros de historia,ciencias,biografías de pintores e personaxes célebres,revistas para pais e nenos,artigos interesantes para as familias, un conto viaxeiro que se irá creando nas casas, actividades de lecer para fomentar a imaxinación, a creatividade e a resolución de enigmas e un caderno no que cada familia poderá escribir e debuxar sobre o lido, contar o que máis e menos lles gustou, que notan en falta....En fin, moitas lecturas,aventuras e actividades para desfrutar na casa na compaña dos pais,irmáns e outros familiares que tamén serán partícipes destas lecturas viaxeiras!!!!! Espero que desfrutedes moito!!!!! Ei!, nos vos esquezades de contarnos cousiñas no blog para compartir cos demais e aprender todos.Para a semana máis!!! MOUCHÁN


 VELAQUÍ AS MOCHILAS, POIS SÍ QUE VAN CARGADIÑOS OS MOUCHIÑ@S LECTORES DESTE COLE!!!!

ACTIVIDADES CREATIVAS: Qué aparecerá/desaparecerá deste sombreiro?
                                           A quén ou qué ollará este homiño?
                                           Quén ou qué sairá nesta foto?




As mochilas estarán con cada familia de Venres a Xoves, e nesta primeira semana os "mochileiros viaxeiros" son LIDIA, JUAN CARLOS e MANUEL