BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 30 de octubre de 2018

ATENCIÓN, ATENCIÓN, NOVIDADES!


Presentamos as novidades que a partir desta semana xa teredes na biblioteca. Nesta ocasión, ademáis de libros, tamén atoparedes algunhas películas.
Agardamos que vos gusten.






martes, 23 de octubre de 2018

ATENCIÓN MESTRES E FAMILIAS!


Esta semana presentamos, dentro das novidades, unhas lecturas para o profesorado e as familias. Con elas poderemos pasar momentos de lecer agradables e, posiblemente, extraer algunhas ideas para a nosa labor educativa dentro da escola ou do fogar.







martes, 16 de octubre de 2018

BENVIDA AOS NOVOS VOLUNTARIOS

A biblioteca de Mouchán xa conta con novos voluntarios. Agradecémoslles a todos eles a súa colaboración no bo funcionamento deste espazo.

Nas imaxes podemos ver a firma do contrato polo cal se comprometen a levar a cabo estas funcións con responsabilidade.




NOVIDADES


Bo día!
Presentamos as primeiras novidades deste curso que xa podemos atopar nos andeis da nosa biblioteca. Entre eles está un libro dunha autora natural de Tremoedo. Agardamos que vos gusten!






ACTORES E ACTRICES POR UN DÍA

O pasado xoves día 4 de outubro recibimos una visita moi especial no cole: o grupo “Os Quinquilláns”.

Con eles fixemos un obradoiro de teatro no cal representamos obras célebres da nosa literatura como “O espantallo amigo” de Xosé Neira Vilas. Con esta actividade pasamos un moi bo rato transformándonos en diferentes personaxes e coñecemos algunhas técnicas e aspectos a ter en conta na representación de obras teatrais.

A experiencia foi moi boa. Anímate a coñecer un pouco máis este xénero!








martes, 9 de octubre de 2018

Novo curso, novo proxecto


Neste curso que acabamos de comezar encheremos o cole de arte cun proxecto chamado “Innovarte”. Coñeceremos e afondaremos nas diferentes manifestacións artísticas, practicarémolas e seguro que nos sorprenderemos coas nosas habilidades.


Para ir poñéndoo en marcha pouco a pouco xa puidemos ver a exposición das portadas dos nosos cadernos que enchen de cor os corredores. Na biblioteca vimos unha zona dedicada aos libros relacionados con esta temática para comezar a nosa investigación. Por outra banda, agardamos ansiosos a realización dunha actividade sorpresa moi especial.




Mouchán acompáñanos no patio!


Durante a primeira semana de outubro Mouchán saiu da biblioteca e estivo con nós no patio. Foi paseando polas diferentes zonas de lecer moi cargadiño para presentarnos un montón de novidades.

Deste xeito, puidemos coñecer os libros que teremos nos andeis a partir dos vindeiros días cos que, de seguro, aprenderemos e pasaremos moi bos momentos.