BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

viernes, 21 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Na semana anterior e nesta semana das Letras Galegas a figura de XELA ARIAS inundou o noso cole, as nosas cabezas e os nosos corazóns. Pouco a pouco nos fomos achegando ao legado que deixou como persoa, escritora, tradutora, editora... na súa curta pero intensa vida.
Con materiais adaptados a cada curso afondamos nela e traballamos na aula cos nosos mestres e mestras. Tivemos a sorte de ter nas nosas aulas diferentes libros dela ou sobre ela para coñecela mellor: 
- "Xela Arias: as miñas primeiras letras galegas" (Os Bolechas).
- "Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias" (Yolanda Castaño)".
- "Non te amola!" (Xela Arias).
- "Darío a diario" (Xela Arias).

Pescudamos información sobre Xela, vimos algúns vídeos e documentais, escribímoslle poemas, fixemos ilustracións sobre o que ela nos suxire e mesmo xogamos con palabras da nosa lingua moi fermosas formando un acróstico co seu nome.


  



jueves, 20 de mayo de 2021

CONTACONTOS CON ANXO FARIÑA

 Hai uns días, o alumnado de educación infantil e de 1º, 2º e 3º de educación primaria tivemos a sorte de estar nun contacontos con Anxo Fariña. Desfrutamos moito coas súas historias e coas súas ilustracións.




domingo, 9 de mayo de 2021

CONTACONTOS "MOC MOC"

O pasado luns día 3 estivo con nós no cole o espectáculo de Moc Moc.

Cunha divertidísima posta en escena tivemos a ocasión de coñecer outra versión do clásico conto "O flautista de Hamelín". Entre a divertida historia, o humor e os malabares que puidemos ver, non paramos de rir.

Aquí podedes ver unha mostra das fotos dos mellores momentos.





OS NENOS E NENAS DO COLE CON BRAULIO DOS BOLECHAS!

Esta gravación realizouse o curso pasado, daquela, cando a situación sanitaria era moi distinta á actual. Parece que pasou tanto tempo... de feito, os nosos cativiños e cativiñas xa medraron un montón.

Agora, xa publicado o vídeo, podemos recordar bonitos e divertidos momentos e aprender sobre as cartas e os medios de comunicación.

Premede no enlace e poderedes ver ao alumnado do noso cole no programa de televisión que gravaron con Braulio dos Bolechas.

http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-116-4746475