BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

jueves, 22 de marzo de 2012

21 de marzo "Dia mundial da poesía"


Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o "Día Mundial da Poesía".
A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París en 1999.


O principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.

Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar á poesía e á tradición oral dos recitais, promover a súa ensinanza, apoiar aos pequenos editores e crear unha imaxen atractiva da poesía nos medios de comunicación.

martes, 20 de marzo de 2012

Xa chegou a primavera!!!!

Pouco a pouco todos os rincóns do cole de Tremoedo vanse enchendo de flores de todas as formas e cores.
Benvida primavera!!
Aqui vos deixamos un conto musicado para celebrar a chegada da primavera. Esperamos que vos guste.

CHARLA DE COLOMBOFILIA

O luns 19 de marzo tivemos no cole a visita de Carlos, un experto en colombofilia (cría e adestramento de pombas mensaxeiras), que nos dou unha charla moi interesante sobre este tema.




Aqui tedes a nosa protagonista




Aprendimos moitas cousas sobre as pombas e ata pudemos collelas e tocalas.
FOI MOI DIVERTIDO!!!!









lunes, 19 de marzo de 2012

19 de marzo, Viva "la Pepa"







Aínda que cada ano o 19 de marzo felicitamos ós papás, ás Pepas e Pepes, tamén deberiamos lembrarnos da nosa primeira Constitución, que hoxe está de aniversario: Nada menos que 200 anos! A Constitución española de 1812, coñecida popularmente como "La Pepa", foi promulgada pola Cortes Xerais de España o 19 de marzo de 1812 en Cádiz. A importancia histórica da mesma é grande ó tratrase da primeira Constitución promulgada en España, ademáis de ser unha das máis liberais do seu tempo.
Respecto á orixe do seu apodo, la Pepa, débese a que foi promulgada o día de San Xosé.



Xuramento da Cortes de Cádiz o 24 de setembro de 1810


A promulgación da Constitución de 1812, o día 19 de marzo
ler máis>>

jueves, 8 de marzo de 2012

8 de marzo, Día da muller traballadora


Ademáis destas lecturas que vos recomendamos, propoñemos un xogo que supón un pequeno traballo de investigación pola vosa parte:
Trátase de que cada un de vós atope unha muller traballadora que fora célebre ó longo da historia e nos enviedes un breve comentario co nome dela e a razón pola que destacou. Por exemplo:
Rosalía de Castro: Poetisa galega do século XIX, foi a primeira muller en defender e impulsar a nosa lingua.
Unha vez que recollamos as vosas aportacións, publicarémolas no blog por medio dunha montaxe que estamos seguras que vos vai gustar. Esta vez non haberá premios nin gañadores, pero será un traballo de grupo moi interesante.
ÁNIMO E A INVESTIGAR!!!! Esperamos os vosos comentarios dende XA!.