BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

viernes, 29 de abril de 2016

MOUCHÁN PRESENTA


 

AVISO

Aplazamos a exposición prevista para hoxe venres, do alumnado de 5º curso, debido a que se levará a cabo unha charla sobre seguridade na rede á que dito alumnado deberá asistir.
Poderémolos ver en acción o vindeiro luns, no mesmo lugar e á mesma hora de sempre.
Lembrade recoller as vosa entradas como sempre.

jueves, 28 de abril de 2016

DOCUMENTANDO: OS USOS DO PAPEL.

Hoxe aprendemos que o papel sirve para moitísimas cousas... Incluso para facer vestidos! Explicáronnolo os nenos e nenas de sexto.





miércoles, 27 de abril de 2016

RECICLANDO: A máquina do papel.

     Mirade aos peques do cole explicando como fixeron o mural, cortaron, rasgaron, pegaron....
 E amosáronnos como se fai a pasta de papel...

E tamén nos ensinaron unha canción: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!...



martes, 26 de abril de 2016

RECORDANDO E CREANDO: XOGOS E XOGUETES DE PAPEL

Algunha vez pensáchedes que se podía facer unha boneca de papel?!!!
Pois iso e moitos xogos e xoguetes máis nos ensinaron hoxe os nenos e nenas de segundo.








lunes, 25 de abril de 2016

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA:Ferramentas para escribir no papel.


Hoxe tocoulle o turno aos CERVANTES  de 3º!


Con eles demos un paseo a través da historia.

Mirade!



HORARIO



Bos días!

Hoxe quero lembrar que durante toda a semana os cursos que aínda non fixeron a súa exposición sobre o papel, terán a oportunidade de demostrarnos e ensinarnos todo o que aprenderon!

Deixo un calendario! E recordade en cada recreo coller as vosas invitacións para poder entrar!

viernes, 22 de abril de 2016

APRENDENDO MATEMÁTICAS



























Que forma tan divertida de aprender matemáticas! Ata fixemos un concurso de papiroflexia.


 Por non falar dos obradoiro de pequenos e maiores..... que ben esto de axudarse!!
Non houbo tempo para máis...


Grazas 4º, por compartir os vosos coñecementos...

Ata máis ver.

MOUCHÁN PRESENTA...


O PAPEL NA AULA

Os nenos e nenas de primeiro curso sorprendéronnnos cunha orixinal representación teatral e exhibiron unha mostra de todo o que fixeron na aula co papel. Que artistas!




miércoles, 20 de abril de 2016

O PAPEL EN PROXECTOS


Chegou o día!!

Mañá, xoves 21 comezamos as exposicións do noso proxecto

CANTO QUE APRENDER!





Pedide as invitacións na biblioteca dende as 10.40 ata as 12 h.



INVITACIÓN
Mouchán presenta:
Obra de teatro: “O papel na aula” (1º)
Lugar: biblioteca
Data: xoves,21 de abril
Hora: 12.00 h.



martes, 5 de abril de 2016

NOVIDADES

Recordade que cada venres, na biblioteca, estreamos carteleira de novidades. Hoxe,...

 Mouchán presenta: