BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

jueves, 21 de diciembre de 2017

BO NADAL


Mouchán despídese de todos vos recordando lugares da nosa contorna desexando unhas 

FELICES FESTAS



En Xaneiro seguimos!







RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Dende a biblioteca de Mouchán apoiamos e agradecemos o traballo da coordinadora de dinamización da lingua galega do Morrazo, na súa labor de difusión da literatura galega infantil e xuvenil.

Recomendamos as propostas de lectura que figuran nestas guías para maiores e pequenos.

Nenos, nenas, familias! Estades a tempo de pedirlle aos Reis.....Bulide!!!

Pincha na imaxe para vela máis grande






miércoles, 20 de diciembre de 2017

O PROXECTO AVANZA...Murais da flora da contorna!


Boas! Remata o trimestre co traballo ben feito.Tras o paseo polo Umia e coas follas das árbores na man había que recompilar información e poñerse a traballar. Este é o resultado....arte e botánica!







viernes, 15 de diciembre de 2017

ÚLTIMAS NOVIDADES DO TRIMESTRE

Atentos aos novos libros!!


Para os maiores,
para os pequenos, 
para os poetas, 
para os investigadores do noso proxecto...
para TODOS!


lunes, 20 de noviembre de 2017

NOVIDADES.TREMOEDO POLA IGUALDADE

Con estas lecturas e distintos traballos nas aulas esperamos que o alumnado tome conciencia da importancia  da igualdade na sociedade.Somos distintos, somos iguales!





jueves, 26 de octubre de 2017

lunes, 23 de octubre de 2017

24 de outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Coa conmemoración do día das bibliotecas presentamos o cartaz deste ano titulado:
Aprender a pensar coa biblioteca escolar.


A verdade que non lle fata nada. 

Xosé Tomás o ilustrador, fainos comprender o por qué dunha biblioteca








Por outra banda presentamos unha nova actividade: 
pasaportes lectores


Como cando viaxas a outro país, cada vez que leas un libro deberás vir a biblioteca para poñerlle o selo ao teu pasaporte. Unha vez rematado obterás grandes ventaxas. 

Os pasaportes xa están dispoñibles
Achégate mañá na hora do recreo!




lunes, 9 de octubre de 2017

PUNTO DE INTERCAMBIO

Un ano máis a biblioteca conta cun punto de intercambio, onde podesdes deixar os libros que xa non usedes para outros nen@s do cole.

A cambio poderedes coller un dos do baúl que será voso para sempre.

Se non atopas un que che guste....Espera! Darémosche un vale ata que atopes o que queres.

Hoxe, con Eloy, comezou a funcionar neste curso.

Grazas!



viernes, 6 de octubre de 2017

MOUCHÁN SAE AO PATIO

Qué alegría volver a contar na miña casa con todos vos!!!

Tantas ganas tiña de vervos, que  ata decidín sair ao patio.

Parece que non acaba o verán e quero aproveitalo ata o último segundo.

E  tiven boa compañía. Mirade!!








viernes, 29 de septiembre de 2017

COMEZAMOS!!

 Abrimos as portas da biblioteca  de Mouchán na hora do recreo o....





                                 LUNS 2 DE OUTUBRO

                          Esperámosvos!

SORTE NO INSTITUTO

Con estas imaxes queremos recordar e agradecer ao noso alumnado colaborador de 6º de Primaria o seu bo traballo na biblioteca de Mouchan ao longo de dous cursos.








Moitas gracias grupo e a por todas no instituto!!!

lunes, 3 de julio de 2017

BOOKTUBERS IV


Con esta entrada rematamos a  presentación da actividade " Booktubers por un día" que foi levada a cabo polo alumnado de 4º de primaria.

Unhas boas recomendacións lectoras agora que rematou o curso para gozar das vacacións!!








miércoles, 28 de junio de 2017

viernes, 23 de junio de 2017

REMATAMOS O CURSO!

Hoxe despedimos o curso 2016-17 cunha presentación das actividades realizadas no proxecto:
 "A alimentación no Mundo".  Canto traballamos!  Noraboa rapaces!


Moitas grazas a Paula e Gonzalo pola realización deste fantástico video

lunes, 5 de junio de 2017

ENQUISA PARA AS FAMILIAS



Contamos coa vosa opinión para poder mellorar o noso traballo na biblioteca.
Grazas!


 

martes, 30 de mayo de 2017

BOOKTUBERS II

Aquí  deixo a segunda entrega de recomendacións lectoras do alumnado de 4º. Hoxe tócalles o turno

a .... ADRIÁN,CARLA,IAN Y RUBÉN!







viernes, 26 de mayo de 2017

ENQUISA PARA PROFESORADO

Profes contamos coa vosa opinión e colaboración. Gracias! Mouchán e o seu equipo.

miércoles, 24 de mayo de 2017

BOOKTUBERS

O alumnado de 4º faivos unha serie de recomendacións lectoras que non vos podedes perder!!!

Aquí vos deixo unha mostra:

 
 
 




Estade atentos! Nos próximos días iremos subindo videos doutros compañeiros/as. Serás ti?



Por certo, se alguén máis se anima a facelo, estades convidados.


Ide a biblioteca e falade coa profe Antía.

jueves, 4 de mayo de 2017

XOGOS DE MESA

A biblioteca de Mouchán ofrece novos xogos de mesa cos que pasar un momento divertido.


EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS


Hoxe, 4 de Maio, daremos comezo as exposicións do proxecto.

 Que gañas de aprender todo o que os nenos de este cole investigaron sobre a alimentación no mundo!!!


 Lembrade cando vos toca!!

jueves, 27 de abril de 2017

viernes, 21 de abril de 2017

DIA DO LIBRO

Hoxe, conmemorando o Día do libro, cada alumno puido escoller un libro que a biblioteca donaba como agasallo.
A actividade tivo moito éxito!!


viernes, 7 de abril de 2017

RECANTO DAS FAMILIAS

Rematamos o trimestre cun novo espazo na biblioteca de Mouchán.
Nesta ocasión é un  recanto adicado ás familias.
Está situado na sala de usos múltiples e pouco a pouco irémolo enchendo de materiais interesantes para que poidades, tamén vos, desfrutar do placer da lectura.







 Animádevos!!!! Agardámosvos!!!!


jueves, 6 de abril de 2017

TEMOS VISITA

Lembrades os dous libros que presentamos a semana pasada? "Cuando Ana adoptó a Perico" e "Imaginar animales imaginarios", Pois recibimos a visita no cole da súa ilustradora, Natalia Umpiérrez, que nos achegou a súa arte por medio de talleres de creación de animais imaxinarios.
 Foi moooooi divertido!












miércoles, 29 de marzo de 2017

NOVIDADES!


                     Desta volta presentamos dous novos libros que acaban de chegar ao centro.





Que mellor sitio para lelos que estes preciosos sillóns?





Esperamos que vos gusten!!

viernes, 17 de marzo de 2017

Grazas Rita!

A semana pasada, a nosa compañeira Rita visitou o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten lugar baixo o lema"O Mundo que queremos". Rita lembrouse de todos nós e trouxo un agasallo para o cole: Uns libros para a biblioteca e unha dedicatoria especial!