BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

BOAS E "DELICIOSAS" FESTAS!!

Con esta apetitosa árbore, preparada con moito agarimo polos alumnos e alumnas de 4º, Mouchán quere desexarvos un.......  

   BO NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO!




viernes, 16 de diciembre de 2016

MOUCHÁN PRESENTA....


Estreamos o.... RINCÓN DE NADAL!

Acércase o Nadal e Mouchán non quere perderse ese momento tan especial de decorar a súa casa...  a nosa biblioteca

Para estas datas contamos cuns novos libros moi navideños para todos os públicos.
VINDE A VELOS!




viernes, 2 de diciembre de 2016

MOUCHÁN PRESENTA...


Despegando co proxecto: ALIMENTACIÓN NO MUNDO!


Esta semana, como actividade de motivación, e despois de recibir nas aulas unha carta de Mouchán, leváronse a cabo os almorzos saudables.

De luns a mércores en distintas quendas fixemos uso da nova instalación do centro, o comedor escolar, cunha actividade na que os pequenos e pequenas compartiron unha nova experiencia.


Deixámosvos unha mostra destes momentos!





jueves, 24 de noviembre de 2016

ATENCIÓN COA ALIMENTACIÓN! Mouchán pide axuda....

Bos días!!

Aburrido sempre da mesma comida busco cousas máis olorosas e saborosas!


Se me queredes axudar podedes empezar a investigar!

viernes, 18 de noviembre de 2016

SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

Moitas grazas aos actores e actrices que contaron e representaron os contos gañadores dos relatos de Samáin. Encantáronnos!!! Bravo!!! Bravo!!!




miércoles, 16 de noviembre de 2016

CONTAMOS HISTORIAS

Hoxe na biblioteca, contada popular dos títulos gañadores do concurso de relatos do Samaín.

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN NA BIBLIO

Outro ano máis celebrando o Samaín con lecturas terroríficas!


MOUCHÁN PRESENTA...



DÍA DA BIBLIOTECA: formación de usuarios e territorio das artes.

Para celebrar o Día da Biblioteca decidimos coñecela ben a fondo, así que os nosos axudantes estuveron moi atentos á visita guiada. Non quixeron  perder detalle!




Por outra banda aproveitamos para presentar o tema da biblioteca como territorio das artes cun mural interactivo na entrada, baseado na figura de CASTELAO ,artista a quen se lle adicou o
Día das Artes Galegas, neste ano 2016.




Queda xente sen resolvelo así que non podemos colgar as respostas.....animádevos!





viernes, 21 de octubre de 2016

MOUCHÁN PRESENTA

Un ano máis poderemos disfrutar de novos libros na nosa biblio!

Hoxe comezamos con estes 4, a ver que vos parecen!



martes, 18 de octubre de 2016

CONTRATOS DE AXUDANTES

Despois da entrega dos currículum vitae e as entrevistas persoais, asinamos os contratos para o curso 2016-2017

martes, 4 de octubre de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado martes, dende a biblioteca organizamos una Xornada de Portas Abertas dirixida ás familias, para que poidan coñecer as instalacións, o funcionamento e os proxectos que temos en marcha, así como unha mostra de actividades realizadas ao longo do curso 2015-16

Agracemos a vosa asistencia!!
 
Para os que non puideron asistir, aquí deixamos a presentación proxectada na xornada , así como uns recordatorios de normas a ter en conta por todos os usuarios

martes, 27 de septiembre de 2016

XA ESTAMOS DE VOLTA


Mouchán davos a benvida ao novo curso que acaba de comenzar.
 

Empezamos con moitas ideas, proxectos, novidades, ... así que precisaremos da colaboración de todos. En breve comenzarán as entrevistas para seleccionar aos axudantes da biblioteca para o curso 2016-2017, entre o alumnado voluntario de 5º e 6º.

A biblioteca abrirá as súas portas para todo o público o vindeiro luns, 3 de outubro.

 Esperámosvos!

viernes, 3 de junio de 2016

XORNADA DE CLAUSURA. PROXECTO "O PAPEL"

O pasado luns, 30 de maio, como actividade de clausura do proxecto que levamos a cabo ao longo do curso, todo o alumnado participou en distintos obradoiros: papiroflexia, contacontos, gafas e cine 3D, decoración de marcos de fotos.
                         





                                   

                                                   








     

                                                  




                                                 









martes, 31 de mayo de 2016

VISITA INESPERADA

O xoves da semana pasada recibimos unha visita dun contacontos  da Editorial Anaya.
Xogamos e aprendemos a divertirnos coa lectura.
Aí vos deixo unhas imaxes! Espero que vos traigan bos recordos!