BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 31 de mayo de 2016

VISITA INESPERADA

O xoves da semana pasada recibimos unha visita dun contacontos  da Editorial Anaya.
Xogamos e aprendemos a divertirnos coa lectura.
Aí vos deixo unhas imaxes! Espero que vos traigan bos recordos!







viernes, 27 de mayo de 2016

MOUCHÁN PRESENTA

Remata o mes de maio e con él a presentación de novidades para este curso.
Toca esperar ata setembro!

O DESPISTE QR DE MOUCHÁN

Para lembrar a figura do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Manuel María, propóñovos un xogo de pistas nas que debedes atopar uns códigos QR agochados por todo o centro. Capitaneados por alumnado de 6º curso, haberá grupos mixtos, formado por nenos e nenas de distintas idades.


Consiste no seguinte:
1º-Teredes a axuda dun plano do colexio.
2º- Atopar as tarxetas cos códigos QR e descifralos coa tablet.
3º -Contestar correctamente á pregunta para conseguir unha peza do puzzle. (Hai información sobre a vida e obra de Manuel María nos carteis)
4º-Completar un puzzle cada equipo para facer un mural no porche.






















miércoles, 18 de mayo de 2016

SOÑANDO CON MANUEL MARÍA

Apoíandonos no título dunha das máis coñecidas obras de Manuel María, a que ademáis se lle puso música en diversas ocasións, Soños na gaiola, na biblio de Mouchán propoñémosvos soñar...
 



Solo tendes, se queredes, que compartir os vosos soños cos demáis compañeiros e compañeiras no mural adicado a Manuel María




SOÑO...

                   CON MIL AVENTURAS!


SOÑO... 

                 CON APRENDER DOS LIBROS!



e ti que soñas?
 

             


Por certo, gracias Laura González (alumna de 6º) polo teu debuxo de Manuel María, encantoume!
                         

lunes, 2 de mayo de 2016

PROGRAMA DE TELEVISIÓN: "Cultura na clase"


Déixovos unhas imaxes da gran actuación que houbo hoxe no cole, da man dos alumnos de 5º   co seu programa de televisión  "Cultura na clase"

Canto aprendemos dos  entrevistados:
  • Distintos soportes do papel ó longo da historia.
  • O traballo de dúas importantes mulleres na historia do papel
  • Unha serie de curiosidades  de distintos países



E ata houbo un  obradoiro de reciclaxe en directo!



    Lembrades a sintonía?...Cultura na clase....




Moitas gracias nenos e nenas!!!