Xa están aquí as recomendacións lectoras para este Nadal 2023. Aínda estades a tempo de incluilas nas vosas cartas de Papá Noel e Reis Magos.
Agardo que vos gusten.
Un saudiño e Bo Nadal!
Mouchán
Xa están aquí as recomendacións lectoras para este Nadal 2023. Aínda estades a tempo de incluilas nas vosas cartas de Papá Noel e Reis Magos.
Agardo que vos gusten.
Un saudiño e Bo Nadal!
Mouchán
Ola mouchiños e mouchiñas.
Achégase o Nadal pero non temos que esquecernos de ler, eh!
Antes de que nuns días vexades as recomendacións para as vacacións, aquí tedes os libros do noso recanto temático. Xa podedes ir ler ao sofá.
Entre eles, hai unha novidade: "¡Estoy harto de la navidad!"
Agardo que vos guste.
Temos un novo recanto temático dedicado ao 25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Achegádevos que tedes uns libros moi interesantes.
Ollade os contos premiados no "Concurso de Relatos de Medo" do Samaín 2023.
Preme na imaxe e verás o vídeo con todos.
Estades todos convidados a ver os libros do recanto do Samaín. Está ateigado de libros para pasalo de medo!!!
Tedes como novidade "La maravillosa y horripilante casa de la abuela".
Dentro vídeo!
As mochilas xa andan viaxando polos fogares do noso alumnado.
A partires do 24 de outubro (Día das Bibliotecas Escolares) unha coidada e variada selección de fondos da biblioteca compartirá bos momentos cos nosos nenos e nenas en compañía das súas familias.
Mañá, o 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha achega moi especial para as nosas aulas.
Entregaranse as mochilas viaxeiras para que desfrutemos delas nas casas.
Veremos que sorpresiñas nos traen!
Aquí podedes ver un vídeo da hora de ler do pasado luns 2 de outubro. Nela desfrutamos dunha sesión de lectura ao aire libre grazas aos libros que sacou Mouchán. Ademais, os novos axudantes da biblioteca axudábannos a buscar as zonas dos libros axeitados á nosa idade.
Xa sabemos cal é data tan esperada por vós.
O luns 2 de outubro a biblioteca abre as súas portas cunha xornada moi especial na que Mouchán sairá ao patio cunhas lecturas moi divertidas e interesantes adaptadas a cada idade.
A partires do martes 3, os axudantes da biblioteca farán a formación de usuarios explicándonos o funcionamento da biblioteca como se detalla a continuación:
- Martes 3: formación dos usuarios de 3º e 4º de Educación Primaria.
- Mércores 4: formación dos usuarios de 1º e 2º de Educación Primaria.
- Xoves 5: formación dos usuarios de Educación Infantil.
A biblioteca de Mouchán busca axudantes. Xa sabedes, se cumpres os requisitos do cartel podes entregar o teu currículum vitae e a solicitude para participar no proceso de selección que contará cunha entrevista individual.
Nos próximos días daremos a coñecer aos novos voluntarios.
Ola mouchiños e mouchiñas!
Sabedes que Mouchán recomenda ler todos os días. O verán é moi longo e hai tempo para todo: para ir á praia, para xogar, visitar familiares e amigos, ler...
Se non se che ocorre cal pode ser a túa próxima lectura, a continuación tes algunhas ideas para todas as idades.
Só fai clic na seguinte imaxe e logo preme no simboliño que está a carón de cada libro. Diferentes nenos e nenas do cole explicaranvos de que tratan.
Bo verán!
Un saudiño,
Mouchán
Queres saber que aconteceu na celebración dos maios deste ano??
Mira o blog do cole "Cousas das Chans".
https://cousasdaschans.blogspot.com/2023/04/maios-2023.html
Aínda que para a Biblioteca de Mouchán todos os días son días do libro, o 23 de abril é unha data moi especial para todos porque se conmemora, tal e como indica a UNESCO, o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor".
Aquí tedes o vídeo do picnic literario que organizamos no cole para ese día.
Xa tes dispoñible esta nova colección chea de aventuras na nosa biblioteca!
Preme na imaxe e logo en cada libro. Escoitarás a Flavia presentándoche cada libro.
Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron varios programas de radio para falarnos de Rosalía de Castro e para recomendarnos algúns dos seus contos favoritos.
Aquí podedes escoitalos. Preme en cada audio e levarache a Ivoox.
- Aula dos Cangrexiños de 5º e 6º de Educación Infantil- Programa 1 Rosalía de Castro.
- Aula dos Cangrexiños de 5º e 6º de Educación Infantil- Programa 2 Rosalía de Castro.
- Aula dos Cangrexiños de 5º e 6º de Educación Infantil- Programa 3 Rosalía de Castro.
- Aula de 4º e 5º de Educación Infantil- Programa "O meu conto favorito".
- Aula de 4º e 5º de Educación Infantil- Recitado "O moucho".
Agardamos que vos gusten!
O pasado 21 de marzo celebramos o Día da Poesía.
O alumnado de 1º de Educación Primaria agasallounos con esta fermosa poesía creada por eles mesmos seguindo a temática do mar que estamos traballando no proxecto deste ano.
Compartimos aquí esta fermosa creación literaria.
Temos no noso recanto xa preparados uns libros moi axeitados para a estación que acabamos de comezar.
No seguinte vídeo podedes ver cada un deles. Animádevos e escollede o que máis vos guste para ler.
Aquí atoparás divertidas historias para os máis cativos, libros de consulta para os maiores e outros para crear unha morea de alternativas ao aburrimento.
Preme nesta imaxe e despois en cada libro. Uns nenos e nenas de 6º explicaranche que hai detrás de cada título.
Bo día.
Hoxe temos estas novidades.
Preme na imaxe e, despois, fai clic en cada libro porque alguén che contará de que vai. Activa o son do teu dispositivo!
Poñemos a continuación os enlaces á plataforma ivoox correspondentes a algúns dos programas de radio que se gravaron no noso cole co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro o pasado 23 de febreiro.
Preme en cada un dos cursos para escoitalos.
Recorda que podes instalar a app de Ivoox no teu móbil ou tablet para escoitar os podcast de radiochans ou buscar outras canles que che gusten.
A continuación tedes varios libros novos. Esta escolma está pensada para o alumnado de todo o centro. Polo tanto, hai libros para os máis cativos como "¡Que viene el lobo!" e "Un conto cheo de lobos". Para os primeiros lectores, "Invisible". O alumnado de segundo ciclo que está estudando as táboas en matemáticas "Gira y aprende las tablas de multiplicar". Finalmente, para os maiores de 5º e 6º aconséllovos "Estar mal es normal" e "Un paseo por el Museo del Prado".
Co gallo da celebracíón do Día de Rosalía de Castro, o pasado 23 de febreiro organizamos no cole un recital poético na biblioteca cunha escolma de poemas desta ilustre escritora galega.
A continuación podedes ver o vídeo coas intervencións dos diferentes grupos.
O noso recanto xa está a vivir o
entroido. Nel, poderedes atopar moitos libros que xa coñecedes como: “Tribus”, “Decorados
y vesturario”, “O carnaval dos animais”, “Entroido”, “Jugar y crear disfraces”,
“Carantoñas” ou “Animalotes”.
Outrosí, tedes, como novidade, “Non
pare a festa. É tempo de entroido 2” dos autores Ramón D. Veiga e David Sierra.
Que hai neste libro tan vistoso? Pois un grupo de personaxes do Entroido
galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo
que se xuntan para organizar unha boa troula. Mediante un código qr accederás a
unha canción do grupo “Os Amigos dos Músicos”.
Xunto co feito de ter dispoñibles
estes libros, recordade buscar cada día o mandadiño de Mouchán á hora do patio
para saber como teredes que vir decorados ao día seguinte e, por suposto, xa
estades cos últimos retoques do disfrace mariñeiro?
Xa temos preparado o novo almanaque que, tendo en conta o Proxecto Documental Integrado deste ano, ten como temática os pobos mariñeiros da ría de Arousa.
Ademais de ser un recurso moi interesante para axudarnos a planificarnos, podemos descubrir moitos datos que non coñeciamos dos pobos da nosa contorna.
Preme na imaxe e accederás ao blog "Cousas das Chans" para ir pasando as páxinas e ver o calendario completo.
Estas dúas alumnas de 6º preséntannos nesta ocasión un novo lote de libros que xa temos na biblioteca.
Agradecémoslles as súas explicacións. Xa nos podemos facer unha idea de cada un deles. Xa tedes o voso favorito para collelo emprestado?
Agardamos que vos guste.
Como novidade esta semana temos máis números de dúas coleccións que para moitos e moitas de vós non precisan presentación. Trátase de "Isadora Moon" e "Mortiña".
Sei que vos están gustando moito porque fixestes a petición na miña caixa do correo.
Para aqueles que non as coñezades anímovos a comezar con algún destes libros e contarme que vos parecen.
Un saúdo,
Mouchán
O noso recanto xa ten unhas lecturas moi recomendables sobre a conmemoración que teremos dentro duns días: o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Podedes ir desfrutando delas.