Recuperando actividades que se tiveron que interromper como consecuencia das restricións, retomamos a dos padriños e madriñas lectoras que tanto nos gusta e coa que tanto desfruta a cativada.
Así, celebramos o Día do libro neste ano 2022.
Recuperando actividades que se tiveron que interromper como consecuencia das restricións, retomamos a dos padriños e madriñas lectoras que tanto nos gusta e coa que tanto desfruta a cativada.
Así, celebramos o Día do libro neste ano 2022.
Cantos libriños de primavera hai no noso recanto! Para todas as idades e de temáticas variadas: natureza, música, manualidades, xogos e deportes...
O alumnado de 1º traballamos durante todo este curso o Proxecto: “O azucre na alimentación”. Investigamos moitas cousas sobre o azucre como: que é o azucre libre?; que cantidade de azucre se debe consumir ao día?; e por que é prexudicial consumir demasiado azucre?
Agrupamos os alimentos en 6 grupos:
- Un grupo de bebidas, refrescos e
zumes.
- Un grupo de galletas e cereais.
- Un grupo de leite e iogures.
- Un grupo de chocolates e cacaos.
- Un grupo de bollería e doces.
- E por ultimo un grupo de salsas e infusións.
Logo seleccionamos varios alimentos de cada grupo e
calculamos a cantidade de azucre en gramos que tiñan eses alimentos. Con toda
esta información fixemos uns murais para
facer una exposición de todo o traballado. O obxectivo é concienciar a todo o
alumnado do centro de que moitos alimentos que consumimos diariamente teñen moitísimo
azucre e que consumir demasiado azucre pode ter consecuencias moi prexudiciais
para a nosa saúde.
https://go.ivoox.com/rf/86045299
Chegou un novo proxecto final do PDI "A saúde". Esta vez vén da man do alumnado de 5º de primaria en forma do famoso xogo "Pasapalabra". Como ben sabedes, hai que adiviñar a palabra á que se refire cada definición sempre tendo en conta a letra pola que debe comezar.
A que agardas? Tes no caixonciño da esquerda o papel co teu propio rosco e as definicións. Xoga, anota as palabras e colorea os acertos ou, no seu caso, os erros de verde e vermello, respectivamente. Serás quen de completar o rosco? A ver cantas palabras identificas relacionadas coa saúde!
Comezan a chegar os primeiros produtos finais do Proxecto Documental Integrado deste curso 2021-2022 coa temática da saúde.
Nesta ocasión tócalle á etapa de Educación Infantil. Así nos contan eles o seu traballo que xa está á vosa dispocición para ver e ler na biblioteca.
"En Educación Infantil durante o 1º e 2º trimestre
estivemos traballando no Proxecto Documental Integrado “A saúde” proposto pola
biblioteca do centro. O obxectivo que perseguimos con este proxecto era
progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados co fortalecemento da saúde. Deste xeito centramos o noso traballo no leite e nos beneficios que ten
para nós. Con toda a información obtida elaboramos un dossier e un vídeo no
que explicamos o ciclo do leite, produtos derivados do leite, receitas de
cociña que teñen como base o leite… Ademais, tamén fixemos unha pequena campaña
publicitaria a favor do seu consumo. Este foi o produto final que elaboramos
para que os compañeiros/as o poidan ver na biblioteca accedendo ao vídeo
mediante un código QR".
Estes novos libros xa están á túa disposición cando volvas vir á biblioteca. Desde os máis cativos ata os maiores aquí tedes a vosa vindeira lectura.
Un saudiño,
Mouchán