O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
Ola rapaces e familias!
Aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras, para que as teñades en conta antes de escribir as vosas cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel.
Desde o Equipo de biblioteca os nosos desexos de
BO NADAL E FELICES LECTURAS BIBLIOTECA CEIP PLURILINGÜE SAN BARTOLOMÉ
O Proxecto Documental Integrado deste curso,
que leva por título “Innovarte”, xa comezou a súa andaina con actividades de
motivación que foron realizadas polo alumnado de todos os niveis do noso cole.
Para ir enchendo o cole coa nosa arte estamos
a decorar o muro exterior. Para iso, empregando a técnica do mosaico, formamos o
nome do centro e algúns elementos decorativos. Foi unha actividade que
nos encantou. Seguindo as orientacións do profesor Gerardo Rodríguez “Chere” e
coa axuda dalgunhas familias que de forma voluntaria quixeron tamén colaborar,
fomos enchendo de vida e de cor a entrada do cole. Agradecemos a todas estas
persoas a súa colaboración. Temos aínda que rematar pero, polo momento, está
quedando moi ben.
Antes de facer este mural, tivemos que
practicar esta técnica nas clases con diferentes traballos sobre o papel.
Podedes ver a continuación unha pequena mostra destes e de como vai a
realización do traballo no muro nestes intres.
Desexamos que vos guste. Noutra ocasión
poderedes ver o resultado final.
Esta
semana presentamos, dentro das novidades, unhas lecturas para o profesorado e
as familias. Con elas poderemos pasar momentos de lecer agradables e,
posiblemente, extraer algunhas ideas para a nosa labor educativa dentro da
escola ou do fogar.
Presentamos
as primeiras novidades deste curso que xa podemos atopar nos andeis da nosa
biblioteca. Entre eles está un libro dunha autora natural de Tremoedo.
Agardamos que vos gusten!
O
pasado xoves día 4 de outubro recibimos una visita moi especial no cole: o
grupo “Os Quinquilláns”.
Con eles fixemos un obradoiro de teatro no cal
representamos obras célebres da nosa literatura como “O espantallo amigo” de
Xosé Neira Vilas. Con esta actividade pasamos un
moi bo rato transformándonos en diferentes personaxes e coñecemos algunhas
técnicas e aspectos a ter en conta na representación de obras teatrais. A experiencia foi moi boa. Anímate a coñecer un pouco máis este xénero!
Neste curso que acabamos de comezar encheremos o cole de arte cun
proxecto chamado “Innovarte”. Coñeceremos e afondaremos nas diferentes
manifestacións artísticas, practicarémolas e seguro que nos sorprenderemos coas
nosas habilidades.
Para ir poñéndoo en marcha pouco a pouco xa puidemos ver a
exposición das portadas dos nosos cadernos que enchen de cor os corredores. Na
biblioteca vimos unha zona dedicada aos libros relacionados con esta
temática para comezar a nosa investigación. Por outra banda, agardamos ansiosos
a realización dunha actividade sorpresa moi especial.
Durante a primeira semana de outubro Mouchán saiu da biblioteca e
estivo con nós no patio. Foi paseando polas diferentes zonas de lecer moi
cargadiño para presentarnos un montón de novidades.
Deste xeito, puidemos coñecer os libros que teremos nos andeis a
partir dos vindeiros días cos que, de seguro, aprenderemos e pasaremos moi bos
momentos.
Ola mouchiños e mouchiñas:
Benvidos ao novo curso!
En poucos días de novo teremos a biblioteca do cole aberta. Sabedes que tedes á vosa disposición os libros, revistas, xogos e películas que vos gustan e, ademais, estanvos agardando outras novidades.
Non esquezades esta data: 1 de outubro.