BENVIDOS!!!
O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
martes, 29 de enero de 2019
QUEN É QUEN?
Como xa vos adiantou Mouchán na última carta, temos un novo concurso
no que tedes a posibilidade de participar.
Debedes fixarvos no expositor do proxecto que está á saída da
biblioteca. Aí tedes as caricaturas de personaxes ilustres relacionados coas
diferentes artes.
Teredes que investigar sobre cada personaxe, podendo utilizar os
recursos da biblioteca (como libros, ordenadores, tablets…). No panel aparecen
diferentes etiquetas co nome e a disciplina artística de cada un deles, pero
será necesario ordealos.
Este reto consistirá en saber quen é cada un e a que se adica. Isto
poderedes levalo a cabo coa axuda dos vosos titores e titoras ou vós sós
durante as horas de biblioteca. O primeiro que sexa capaz de resolvelo, terá
un agasallo.
Pequenos e pequenas detectives da arte, a resolver o misterio!! Desfrutade
moito!!
lunes, 28 de enero de 2019
ATENCIÓN! CERTAME DE RELATO CURTO Á VISTA
Informámosvos dunha actividade literaria moi interesante. Trátase dun certame de relato curto no que poderedes participar con textos ORIXINAIS escritos en GALEGO creados por vós.
Por suposto, teñen que cumprir uns requisitos en canto ao formato, os cales comentamos a continuación. A súa extensión é de entre 200 e 300 palabras escritas na fonte TIMES NEW ROMAN, TAMAÑO 12 e INTERLIÑADO 1,5.
Os DATOS que deben achegarse son os seguintes: con respecto á persoa participante, débese indicar un pseudónimo, nome e apelidos, curso, centro escolar, correo electrónico e teléfono; en canto ao relato, este debe incluír o título, o relato, o pseudónimo e a categoría. Para máis información sobre as bases podedes consultar na web certame.nontedurmas.org.
Por suposto, teñen que cumprir uns requisitos en canto ao formato, os cales comentamos a continuación. A súa extensión é de entre 200 e 300 palabras escritas na fonte TIMES NEW ROMAN, TAMAÑO 12 e INTERLIÑADO 1,5.
Os DATOS que deben achegarse son os seguintes: con respecto á persoa participante, débese indicar un pseudónimo, nome e apelidos, curso, centro escolar, correo electrónico e teléfono; en canto ao relato, este debe incluír o título, o relato, o pseudónimo e a categoría. Para máis información sobre as bases podedes consultar na web certame.nontedurmas.org.
lunes, 21 de enero de 2019
NOUVEAUTES
Esta semana temos unhas novas adquisicións na biblioteca moi especiais. Trátase dunha colección de libros en francés aos que podedes chegar se seguides correctamente unhas pistas que atoparedes nos corredores. Por suposto, para iso, deberedes empregar todo o que sabedes desta lingua.
jueves, 17 de enero de 2019
NO MUSEO
O pasado día 19 de decembro, o
alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou o Museo de Pontevedra para seguir
documentándose para o noso proxecto “Innovarte”.
Alí, tiveron a oportunidade de
realizar diferentes visitas dinamizadas que lles permitiron coñecer as
diferentes pezas de arte, desenvolvendo así, a sensibilidade, o goce estético e
a adquisición de valores culturais e sociais.
O alumnado de 3º e 4º asistiu á
actividade “Detectives da arte”, onde realizaron un xogo de busca e
observación onde os nenos e nenas, a partir dunha selección de artistas
galegos, afondaron no valor da abstracción, da expresión a través das cores e
das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da
evolución dos xéneros e das técnicas.
O alumnado de
5º e 6º adentrouse no mundo da música, coa dinámica, “Música na arte”, a través
dun percorrido con ficha didáctica no que a música e a súa representación plástica
son o fío condutor. A partir dunha selección de obras pictóricas nas que
partituras, instrumentos e intérpretes aparecen como protagonistas da composición,
os nenos e nenas coñecerían aspectos básicos vinculados coa educación musical e
coa pintura.
lunes, 14 de enero de 2019
NOVIDADES
Comeza o ano 2019 con novos libros na biblioteca para que sigades gozando coa lectura.
Estade atentos aos andeis!
Estade atentos aos andeis!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)