BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 18 de marzo de 2024

NOVIDADES

Nesta ocasión os encargados de comunicarnos as novidades son Pepe Lois Acha e David Godoy Pesqueira de 5º xunto con Elisa Paz Álvarez de 6º. Estes voluntarios da biblioteca elaboraron o stopmotion que veredes a continuación para presentarnos:

- "O país da choiva".

- "Plus Ultra. Transición ao futuro".

- "Dona Problemas".

- "Os Megatoxos e a batalla de Rande".

- "Os Megatoxos e o dragón de Xade".

Parabéns por este traballo. Foi unha marabilla velos traballar durante o proceso e agora desfrutar co resultado.



miércoles, 13 de marzo de 2024

6º de EDUCACIÓN PRIMARIA EN RADIOCHANS.

O alumnado de 6º recentemente estivo nas ondas. 

O mércores 28 de febreiro Breixo, Marta e Nicolás entrevistaron á nai de Laura e ao avó de Saúl para falar da escola desde a perspectiva de tres xeracións diferentes.

O venres 1 de marzo visitounos Xocas. O presidente da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa visitounos para falarnos da saúde da mesma. Previamente, na aula, abordamos o tema do paso á etapa da ESO e aprendemos moitos aspectos biolóxicos da ría de Arousa. Logo, foi Elisa, a encargada de levar o seu programa de radio.



A continuación premede en cada un e podere des escoitar estes programas.




viernes, 8 de marzo de 2024

RECANTO 8M

O 8 de marzo, como ben sabedes, celebramos o Día Internacional da Muller.

No noso recanto tedes libros que vos recordarán que se pode voar alto, que somos especiais, que podemos chegar a onde pretendamos, que non teñades medo por xogar a unhas ou outras cousas cando é o que desexades.

Tamén temos outros libros que nos contan a historia de mulleres da nosa contorna, outras de preto e outras de lonxe que teñen algo en común: alí onde estaban, loitaron polo que creron corecto, por cambiar a realidade do momento e que, en moitos casos, conseguiron que o noso presente fose distinto. En definitiva, erguéronse ante as dificultades! O noso recordo e homenaxe a todas elas.

Na nosa vida, na nosa familia... seguro que temos mulleres especiais que recordamos o día de hoxe.


En cada aula traballouse desde diferentes enfoques adaptando a temática á idade do alumnado. Froito desas reflexións, creáronse uns murais fermosísimos agora expostos na sala multitusos do noso cole.