BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 27 de mayo de 2024

EXPOSICIÓNS PDI 2024

Unha vez rematadas as exposicións dos proxectos realizados dentro do PDI "Mergúllate na ría" deixamos unha escolma de fotografías das mesmas.

O alumando de Educación Infantil contounos as apaixoantes lendas que circulan sobre as illas da nosa ría; 1º de Educación Primaria, convertidos en cociñeiros, amosounos receitas que estamos desexando probar; 2º, como expertos, ensináronnos a diferenciar os nosos peixes; con 3º fomos de turismo polos concellos da ría de Arousa; 4º, vestidos cunha indumentaria que nos traslada a outra época, convidounos a un espectáculo de cancións e danzas mariñeiras; 5º transportounos por mar explicándonos as diferentes embarcacións tradicionais; e, para finalizar, 6º levounos de festa en festa describindo as tradicións de cada unha para que non perdamos detalle.

Parabéns a todo o alumnado do cole por traballar tan arreo!







viernes, 24 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cunha actividade que resultou ser moi motivadora para todo o alumnado. Este ano a homenaxeada foi Luisa Villalta.

Dita actividade consistíu en descubrir mediante a lectura de códigos QR a biografía de Luísa Villalta. Establecéronse dous roteiros: amarelo para a vida e azul para a obra. O alumnado, dividido en equipos, debía seguir o roteiro correspondente e, unha vez lido o código, tiñan que apuntar a información nun caderno. Unha vez recollida toda a información cada equipo escolleu a un portavoz para facer unha pequena posta en común.

Roteiro amarelo: vida de Luísa Villalta


Roteiro azul: obra de Luísa Villalta


Posta en común da información atopada



Tamén realizamos, como todos os anos,  a actividade "Palabras a esgalla", onde o alumnado tiña que plasmar nunha cartolina A5 unha palabra que expresase un sentimento ou unha emoción relacionada co mar.


Ademais no recanto contamos con libros da nosa homenaxeada xunto con outros de persoas destacadas nas Letras Galegas de anos anteriores.