BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 25 de octubre de 2021

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares logo de que, hai uns anos, a Asociación Amigos del Libro Infantil e Xuvenil propuxera este data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.

No noso cole, hoxe luns día 25 celebrámolo deixando viaxar as nosas mochilas agardando que, en cada unha das súas paradas, os fogares do noso alumnado, fagan todo o posible para facer desfrutar aos seus viaxeiros enchéndoos de ledicia, inquedanzas, ganas de saber, de pensar...




domingo, 24 de octubre de 2021

APERTURA BIBLIOTECA 2021-2022

O pasado día 4 de outubro a biblioteca abriu as súas portas. Coma sempre, Mouchán prepara algunha sorpresiña para os cativos. Ademais das ganas coas que nenos e nenas retomaron as visitas á biblioteca, os empréstitos... foi toda unha emoción descubrir os agasallos que alí estaban agardando.


Por outra banda, ao longo de varios días tivo lugar o proceso de selección dos axudantes da biblioteca entre o alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
O primeiro foi a realización do currículum por parte dos aspirantes e a súa entrega. Logo, a realización dunha entrevista persoal. Finalmente, todos os seleccionados procederon á lectura do contrato e á firma do mesmo.




viernes, 15 de octubre de 2021

PDI 2021-2022: A SAÚDE

O proxecto documental integrado deste curso académico versa sobre a SAÚDE. Non podemos esquecer que estamos tentando saír dunha pandemia pero imos afondar en todo o relacionado coa saúde a tódolos niveis (físico, emocional...), coñecer estratexias e hábitos saudables para previr as enfermidades...

Como actividade de motivación, todo o alumnado do centro fixo unha chuvia de ideas coas palabras relacionadas con este tema.

Como sabemos que o tema é moi amplo, a exposición das palabras no noso panel da entrada á biblioteca é moi variado e enriquecedor.



viernes, 8 de octubre de 2021

Os Bolechas visitan o noso cole

Recordamos hoxe que o pasado luns 13 de setembro Os Bolechas pasaron polo noso cole. Os nenos e nenas puideron ir velos un ratiño.

Estamos moi ledos de telos connosco.

Ata pronto!